Guía de cogomelos dunares do litoral atlántico galego

Os sistemas dunares son un exemplo de espazo ecolóxico onde sobrevivir é estremadamente difícil, pero a vida consegue finalmente evolucionar e adaptarse. Desta forma, un espazo que semella condenado a non ter vida, amósase ante os nosos ollos cunha biodiversidade tan grande que mesmo resulta difícil de crer. Esta guía dá conta dun traballo de estudo e catalogación levado a cabo nos últimos 10 anos, co resultado da identificación de máis de 300 especies fúnxicas, nos areais e sistemas dunares do litoral atlántico galego. Consta dunha introdución, coa descrición do sistema dunar completo, os distintos hábitats, as plantas máis importantes, estratexias de adaptación e un catálogo de especies identificadas, con 80 fichas, macro- e microfotografías a toda cor e observacións de todas as especies. Agardo que este estudo sirva para axudar a divulgar a importancia deste espazo natural e así intentar que o coñecemento transmitido valla para conseguir unha maior protección, tanto a nivel individual como a nivel institucional.
Colección
Guías Cumio
Materia
Guías
Idioma
  • Galego
EAN
9788482893877
ISBN
978-84-8289-387-7
Páxinas
192
Ancho
12 cm
Alto
22,5 cm
Data publicación
12-10-2010
Rústica
19,95 € Mercar en Imosver

Sobre J. M. C. Marcote

  • J. M. C. Marcote
    Natural de Cee (A Coruña), tItulado en Ciencias Químicas e Farmacia, de profesión óptico. Ven cultivando a súa afeción á micoloxía dende moi novo e na actualidade colabora en diversas publicacións e imparte cursos e charlas sobre o tema por toda a xeografía galega. É autor da GUÍ... Ver máis sobre o autor

Libros relacionados