Foliada nas Rías Baixas. Homenaxe a Ricardo Portela, o Mestre.
Varios autores
Un dobre Cd no que diversos nomes da música folk renden homenaxe a Ricardo Portela, o gaiteiro de Viascón, un dos máis grandes representantes e transmisores do arte do toque pechado, cuxa influencia en xeracións posteriores de gaiteiros foi notable. O traballo recolle pezas do repertorio de Ricardo Portela interpretadas por diversos artistas entre os que se atopan Oscar Ibáñez, Antón Corral, Os Alegres, Anxo Pintos, Juanjo Fernández, Iván Costa ou Patrick Molard, entre outros moitos. A edición complétase coa inclusión de fragmentos de conversas con amigos e compañeiros de Portela como Melitón, Antón Corral, Amando Fontán, Maximino Souto ou Wenceslao Cabezas del Toro e cun completo libriño que aporta textos de tódolos participantes nos que recordan a figura e fonda pegada que deixou o mestre gaiteiro.
- Escritor
- Varios autores
- Colección
- Tradicional Galega
- Materia
- Tradicional Galega
- Idioma
- Galego
- EAN
- 8482890002098
- Páxinas
- 24
- Data publicación
- 01-07-2008