Entre o abalo e a zaranda
Dicionario léxico do mar
Paco Rivas
A terceira entrega da colección Salitre de Cumio, Entre o abalo e a zaranda, é unha boa mostra do inmenso patrimonio inmaterial do léxico do mar creado por xeracións de galegos e galegas da Mariña, que durante tantos anos recolleu e estudou Paco Rivas. Trátase de léxico vivo que, xunto coa fraseoloxía con sabor a salitre, cómpre seguir recollendo e peneirando para que forme parte da Patria da Lingua Galega. Traballos como este contribúen a que haxa máis mar na cultura galega, á vez que permiten que nos dicionarios de galego non só se poida aumentar o número de entradas con mar, senón que algunhas das existentes reflictan un patrimonio marítimo vivo e non museístico.
- Escritor
- Paco Rivas
- Colección
- Salitre
- Materia
- Ensino
- Idioma
- Galego
- EAN
- 9788482895123
- ISBN
- 978-84-8289-512-3
- Páxinas
- 244
- Ancho
- 13,4 cm
- Alto
- 21 cm
- Edición
- 1
- Data publicación
- 12-02-2016