De sombras e poemas que son casas

A miña nai na praia, tarde turba de ondas a ferver. A miña nai quebrada, brinquedo de latón contra os muros do mar. Que non se entende a música do tempo, onde estarei cando o meu fillo poña neste verso aquela tarde furna, o vento escuro no estupor da luz cóncava. Os avós cantaban por enriba do balbordo da escuma. Mar adentro, a perderse nun erro da memoria. A miña nai sen áncora regresa aquí setenta anos despois e permanece tráxica fronte aos muros do mar.
Colección
Antoloxía Poética Sonora
Materia
Antoloxía Poética Sonora
Idioma
  • Galego
EAN
9788482892252
ISBN
978-84-8289-225-2
Páxinas
160
Data publicación
12-10-2010
Tapa dura + CD
15,00 € Mercar en Imosver

Sobre Xosé María Álvarez Cáccamo

  • Xosé María Álvarez Cáccamo
    É profesor de Literatura, poeta e crítico literario. Ten publicado ademais obra narrativa e teatral e literatura infantil. É autor de poemas-obxecto e visuais. Como poeta recibiu o Premio «Esquío» (1986), o Premio da Asociación de Críticos de España (1987), o Premio da Crítica de... Ver máis sobre o autor