Cogomelos de Galicia e do Noroeste Peninsular
J. M. C. Marcote , J. M. Traba , M. Pose
Cogomelos de Galicia e do noroeste peninsular é unha publicación en que se describen os cincocentos cogomelos máis representativos do noroeste da Península Ibérica e quere servir de instrumento para todos aqueles que desexan achegarse á micoloxía ou para os estudosos que pretenden coñecer algo máis das especies que medran nos nosos bosques. A intención dos autores é conseguir que esta obra sexa unha guía de consulta eminentemente práctica. Así, o contido da obra está baseado nas especies que medran espontáneas nos bosques de Galicia e o noroeste peninsular, facendo un percorrido pola maioría dos ecosistemas que podemos atopar, desde os prados e bosques autóctonos ata as plantacións de especies foráneas, desde os sistemas dunares ata a alta montaña, desde as especies saprófitas ás micorrícicas e as parasitas, sen esquecer hábitats específicos. Con esta variedade podemos asegurar que están representadas a maioría das especies comestibles e as tóxicas e velenosas máis frecuentes. Os textos van acompañados de seiscentas fotografías a toda cor, realizadas no hábitat particular de cada especie, que engaden unha serie de datos ecolóxicos importantes ao elixir os exemplares máis representativos e colocalos de xeito que se aprecien os seus trazos máis característicos. Os autores desta obra teñen publicada unha segunda parte que describe outras cincocentas especies e cuxo título é 500 cogomelos do litoral atlántico e noroeste peninsular.
- Escritor
- J. M. C. Marcote
- Escritor
- J. M. Traba
- Escritor
- M. Pose
- Colección
- Guías Cumio
- Materia
- Guías
- Idioma
- Galego
- EAN
- 9788482894645
- ISBN
- 978-84-8289-464-5
- Páxinas
- 616
- Ancho
- 15 cm
- Alto
- 22 cm
- Data publicación
- 01-11-2013