Canción de Nadal
Charles Dickens , Rosa Fuentes , Rosa Fuentes
Calquera época do ano é un bo momento para reencontrarse con esta clásica novela de Charles Dickens protagonizada polo avarento señor Scrooge e os xa célebres espíritos do Nadal Pasado, do Nadal Presente e do Nadal Futuro. Un cálido relato que nos convida a tomar en consideración as cousas que realmente teñen un gran valor na vida. O señor Scrooge vive sumido na súa cobiza e semella odiar a todo aquel que é feliz. Non ten amigos, non visita nunca a súa escasa familia, só se preocupa por gañar máis e máis cartos e ningunha caridade semella conmover o seu corazón, nin sequera no Nadal. Pero aínda está a tempo de mudar, ou iso intentarán facerlle ver os tres espíritos que o visitan nesta noite tan especial.
- Escritor
- Charles Dickens
- Ilustrador
- Rosa Fuentes
- Traductor
- Rosa Fuentes
- Colección
- Infantil
- Materia
- Infantil
- Idioma
- Galego
- EAN
- 9788482893884
- ISBN
- 978-84-8289-388-4
- Páxinas
- 64
- Ancho
- 15 cm
- Alto
- 21 cm
- Data publicación
- 12-10-2010
Reseñas
En Edicións do Cumio podemos atopar a clásica novela de Charles Dickens, Canción de Nadal, adaptada e ilustrada por Rosa Fuentes e protagonizada polo avarento señor Scrooge e os xa célebres espíritos do Nadal Pasado, do Nadal Presente e do Nadal Futuro. Un cálido relato que nos convida a tomar en consideración as cousas que realmente teñen un gran valor na vida.