Bouzas olladas salgadas

,

Neste mes de xullo sae á venda a 2.ª edición de Bouzas olladas salgadas, a 1.ª para Edicións do Cumio. Este libro tenta de axudar a coñecer, valorar e defender o patrimonio material e inmaterial, concretado na vila de Bouzas. É un libro coral onde cada autor/a achégase ao lugar desde diferentes enfoques. Dous percorridos, un que pespuntea o litoral e outro que se adentra no interior do casco histórico, pretenden introducir á persoa lectora na historia de Bouzas, sobre todo de finais do século XIX e parte do XX A arquitectura no sentido amplo da palabra, a forma pétrea das ideas e do vivir da época, é o texto a ler: rúas-ramplas para gorecer aos barcos dos temporais, peiraos para o último invento (o barco pesqueiro a vapor), casas humildes da xente mariñeira, arquitectura de autor das armadoras e armadores… Séguelle o mar visto como fornecedor de alimentos; o mar dos saberes nos refráns; o mar dos naufraxios, da evocación poética, do lecer, das protestas cidadás contra os recheos. “Espazos para a lembranza” esculca nos recunchos, como se de arqueoloxía se tratara, os vestixios materiais e as memorias daquel oficio, tenda, zapatería, os sons daqueles negocios que hoxe xa non están, e son só patrimonio inmaterial e lembranza. Acaba co relato das sensacións que esperta Bouzas nunha persoa que se achega por primeira vez. Nesta segunda edición non hai cambios de contidos, mais por non dispoñer esta vez da subvención da “Asociación de Mulleres Praia do Adro”, o P.V.P. aproxímase ao prezo de mercado.

Colección
Fóra de colección
Materia
Historia, documentación, recopilacións
Idioma
  • Galego
EAN
9788482894836
ISBN
978-84-8289-483-6
Páxinas
174
Ancho
19 cm
Alto
18 cm
Data publicación
12-07-2014
Rústica
16,00 € Mercar en Imosver