A pedra do cervo
Buenaventura Aparicio Casado , Pilar Castro Caamaño
Edicións do Cumio segue a apostar polo abraiante mundo da arqueloxía da man do antropólogo Buenaventura Aparicio Casado, que nos trae un conto fantástico pero con rigor histórico.
Esta é a historia dun cervo moi especial. Unha invitación a coñecer os nosos petróglifos, esas figuras gravadas nas rochas que a ninguén deixan indiferente. Unha proposta con doses de tenrura, humor e fantasía. De agarimo pola nosa lingua e de louvanza dunha terra única inzada de tesouros en forma de megalitos, insculturas, castros… Os pícaros que non coñecen ao seu país non o poden amar ben.
- Escritor
- Buenaventura Aparicio Casado
- Ilustrador
- Pilar Castro Caamaño
- Colección
- Infantil
- Materia
- Infantil
- Idioma
- Galego
- EAN
- 9788482895147
- ISBN
- 978-84-8289-514-7
- Páxinas
- 48
- Ancho
- 22 cm
- Alto
- 22 cm
- Edición
- 1
- Data publicación
- 18-11-2015