Xulio Ríos Paredes

Xulio Ríos Paredes, nado en Moaña o 2 de outubro de 1958, é un ensaísta galego especializado en política internacional.

Graduado Social e licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. É director do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, IGADI, desde a súa fundación en 1991, así como da Fundación Plácido Castro e do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

Participa en numerosas publicacións e revistas, tanto galegas como internacionais. Dirixe Tempo Exterior, revista galega de análise e estudios internacionais, e é membro dos Consellos Asesores de Casa Asia e da Fundación Carlos Casares, membro correspondente da Real Academia Galega e da comisión de cultura galega no exterior do Consello da Cultura Galega.