Xosé Manuel López Tuñas

Mestre e profesor de Ciencias Sociais. Foi presidente da comisión xestora da Asociación Cultural Afonso Eáns e membro da xunta directiva da Asociación de Veciños Tambre. Alcalde de Negreira 1983-1995. Deputado provincial, presidente do Padroado do Colexio de Xordos de Galicia e membro dos consellos de goberno do Hospital Provincial e do Sanatorio Psiquiátrico de Conxo. Promotor e presidente da Asociación para a Solidariedade Alén Mar. Presidente de honra da Unión Barcalesa da Habana.

Ten publicadas colaboracións en revistas e mantén activo o blog Ágora dende o ano 2010.