Rita M.ª Díez Rechou

Diplomada en Formación do Profesorado de EXB pola Universidade de Santiago de Compostela e Licenciada en Educación Física pola Universidade da Coruña. Publicacións: 100 Xogos sen barreiras, Edicións Lea; A bailar! Unidades didácticas. Edicións Lea; Artigos en diversas revistas de educación como Saudiña, Leliadoura, Comunicaciones técnicas de la Federación Española de Natación, e revistas de educación física. Premios: I Concurso de Proyectos Educativos de Educación Vial da Dirección General de Tráfico, 1999. Premios á innovación educativa sobre os temas transversais da Xunta de Galicia, 2000 e 2004. I Premios a Artigos sobre Educación no ICE da Universidade de Santiago de Compostela, 2005. Docencia: Clases de Educación física no IES Terra de Xallas de Santa Comba (A Coruña). Cursos sobre temas específicos de Educación física para docentes. Ponencias en xornadas e cursos de educación. Coordinación de seminarios na formación de docentes.