Rafael Laso Lorenzo

Xinzo de Limia, 1965. É Enxeñeiro Técnico Industrial pola E.U.E.T.I. de Vigo, cidade onde reside e desenvolve a súa actividade profesional no marco da empresa privada. A súa carreira como escritor comeza no 2005 coa publicación da obra infantil Por que Baldomero Quintáns?, que resultou premiada no certame Pura e Dora Vázquez convocado pola Deputación de Ourense. Ao ano seguinte, un relato seu resultou gañador do premio Manuel Oreste Rodríguez organizado polo Concello de Paradela. É tamén autor das novelas Memoria contra o Alzheimer (Edicións Xerais de Galicia, 2008) e A vida que non é (Edicións Tambre).