Manuel Guisande

(Santiago de Compostela, 1958) Estudou Dereito en Santiago e traballou como periodista en El Correo Gallego, Ideal Gallego, semanario El Orzán e A Voz de Galicia. Cofundador da revista de poesía La Barandilla (1980), entre os seus galardóns destacan o Premio de Teatro Cidade da Coruña (1987) coa obra Los aparcacientos de Pacópolis, en colaboración co periodista Ramón Barrena; Premio Galicia de Comunicación (2000) pola coordinación xunto ao caricaturista Siro López do suplemento de Humor Xatentendo.com; e La Codorniz de Plata da Academia del Humor por este mesmo suplemento (2000). En 2009, Manuel Guisande abre o blog Al fondo a la derecha, que estudan os alumnos de Español das universidades de Kentucky e Molloy College (Nova York); e en 2010 estréase como guionista coa curtometraxe Garabolis, que chega á final do Festival Internacional de Cine de Ourense. Ese mismo ano, xunto co ilustrador Xosé Tomás, escribe a colección de contos infantís Rodribico, traducida ao galego e ao portugués, coa que obtén o Premio Isaac Díaz Pardo da Asociación Galega de Editores á mellor colección infantil.