Lucía García Vega

Lucía García Vega (Lugo, 1974) é licenciada en Humanidades e doutora cum laude en Filoloxía Románica pola Universidade Complutense. Iniciouse na investigación cun estudo sobre as obras dramáticas do escritor francés Paul Claudel (1868-1955), presentado como tesiña en 1999 e polo que obtivo a máxima cualificación. En 2001, acadou o Diploma de Estudos Avanzados, naquela ocasión defendendo un traballo de investigación sobre a escritora posromántica Rosalía de Castro (1837-1885). Investigadora independente, é autora de diversas publicacións sobre Rosalía de Castro e que teñen visto a luz en recoñecidas revistas especializadas. Na actualidade, compaxina o labor científico coa creación literaria. En 2012, gañou o I Premio Internacional de Escritura sobre Rabindranath Tagore, resolto na Casa da India de Valladolid. Tamén foi finalista en varios certames literarios: I Premio “De versos encendidos” (Sevilla, 2011), I Premio “Memoria y euforia” (Sevilla, 2012), I Concurso Literario “Pluma, tinta y papel” (Madrid, 2012) e I Concurso Literario “Porciones del alma” (Madrid, 2013).