Edgar A. Poe

Naceu en Boston o 19 de xaneiro de 1809. Fillo de pais dedicados ao teatro itinerante, quedou orfo sendo un neno. Aos seis anos viaxou coa súa familia adoptiva a Inglaterra, voltando aos Estados Unidos en 1820. Faleceu en Baltimore en 1849. Poeta, crítico e xornalista, está universalmente recoñecido como o mestre do relato curto. Renovador da novela gótica, ademais de ser un xenio nos contos de ciencia-ficción e de terror innovou creando os relatos detectivescos. A súa figura deixou pegada non só no simbolismo francés ou os escritores vitorianos, senón que durante todo o século XX foi froito de homenaxes tanto na literatura como no cine, a música e a pintura. 200 anos despois do seu nacemento, a súa vi­xencia segue presente.