Edicións do Cumio.Contos e Xogos.Contamoconto
logo de Cumio edicións do Cumio

 Os xogos da rula   c o l e c c i ó n
   
  Os novos xogos educativos en galego para aprender sen esforzo. Para idades entre 3 e 12 anos.


AS VOCAIS
IDADE: de 3 a 5 anos / Xogadores: 1-4

Este xogo facilita o recoñecemento das vocais e a aprendizaxe do seu correspondente son, ademais da súa representación gráfica tanto en maiúsculas coma en minúsculas.
Xógase asociando cada vocal cunha das imaxes representativas dun nome que comece coa devandita vocal. A cada imaxe corresponderanlle dúas posibles pezas (a vocal en minúscula e a vocal en maiúscula).

CONTÉN: 10 crebacabezas de 2 pezas / 10 pezas a cortante / Guía didáctica.

CAIXA: 27,5X20 cm.
REF.: RUXOG 10001



AS HORAS DO DÍA
IDADE: de 4 a 7 anos / Xogadores: 1 ou varios

Con este xogo o neno e a nena aprenden de xeito doado as horas do día a través das diferentes actividades cotiás características de cada unha delas. O xogo consiste en formar un crebacabezas onde aparezan tódalas horas do día.

CONTÉN: Un crebacabezas de 28 pezas / Guía didáctica.

CAIXA: 30X22 cm.
REF.: RUXOG 10002



O ABECEDARIO
IDADE: de 4 a 7 anos / Xogadores: 1-4

Con este xogo os nenos e as nenas aprenden as letras, o seu grafismo e maila súa orde no abecedario. O xogo consiste en formar un crebacabezas onde apareza o abecedario. Cada letra vai asociada a unha imaxe que ten como inicial dita letra.

CONTÉN: Un crebacabezas de 28 pezas / Guía didáctica.

CAIXA: 30X26,5 cm.
REF.: RUXOG 10003



SÍLABAS E PALABRAS
IDADE: de 5 a 8 anos / Xogadores: 1-4

Con este xogo os nenos e nenas aprenden que unha palabra non se divide tan só en letras, senón tamén en sílabas. Amais, instrúese na súa grafía e na partición correcta das palabras en sílabas. O xogo consiste en encaixar e combinar sílabas (representadas por unha soa peza do crebacabezas) para forma-las palabras representadas nos debuxos.

CONTÉN: 24 crebacabezas cunha imaxe de 2 ou 3 sílabas / Guía didáctica.

CAIXA: 27,5X20 cm.
REF.: RUXOG 10004



APRENDO GALEGO
IDADE: de 8 a 12 anos / Xogadores: 1 ou varios

"Aprendo Galego" facilítalle ó neno ou á nena a adquisición de coñecementos sobre o idioma galego. Atendendo ós diferentes enunciados que van aparecendo en cada unha das láminas, os participantes deben conectar unha das caravillas na pregunta e a outra na resposta elixida. Cando a resposta é correcta, a lámpada ilumínase. O xogo consiste en intentar acerta-lo máximo de preguntas posibles.

CONTÉN: 536 Preguntas e respostas / 18 temas ilustrados / Unha base conectora / Un cabezal luminoso / 18 láminas ilustradas.

CAIXA: 39X27 cm.
REF.: RUXOG 10005

 
coleccións de contos e xogos
     
 

Os Contos
Decenas de libros de cartón nos seus máis atractivos deseños para apoiar o divertimento e a aprendizaxe dos máis cativos da casa.

Contos Marabillosos
Contos tradicionais galegos adaptados por Xosé Ramón Mariño Ferro (profesor de Antropoloxía Social da Universidade de Santiago) para a mellor comprensión do público infantil. As novidosas ilustracións son de Cesáreo Varela.

Contamoconto
Novidosa colección de oito clásicos da literatura universal (Irmáns Grimm, Charles Perrault, Madamme Beaumont, Rudyard Kipling…) editados en libros de grande formato e ilustrados a toda cor. Cada libro inclúe unha casete, de aproximadamente 30 minutos, coa versión dese conto musicado e dramatizado polas voces dos mellores actores e actrices do noso país.

Os Xogos da Rula
Xogos didácticos cunha excelente presentación para que os nosos cativos aprendan xogando.

O libro do bebé
Para lembrar paso a paso o primeiro ano de vida do bebé.

 
 
 
 
 
– © Edicións do Cumio. Reservados todos os dereitos. –
   
DICCIONARIOS ENSINO LECTURAS CONTOS E XOGOS MULTIMEDIA GUÍAS CARTOGRAFÍA MÚSICA