Edicións do Cumio.Proxecto SECULO 21
logo de Cumio edicións do Cumio


 

Nace o Proxecto Século 21 coa intención de ofrecer aos cidadáns galegos, homes e mulleres, mozos e mozas, rapazas e rapaces do novo século, unha ampla e renovada liña de materiais de acceso, aprendizaxe e uso da lingua galega.
Facémolo nun momento histórico moi concreto, instalados na Sociedade da Información e do Coñecemento, espazo tecnolóxico e cultural que condiciona a nosa realidade e, necesariamente, condiciona tamén o futuro e a utilidade da lingua galega.

Baixa o folleto SÉCULO 21 en PDF (preme no logo). Tamaño: 2,2 Mb.


DICIOPEDIA DO SÉCULO 21
ADAPTADA Á NORMATIVA 2003

XA Á VENDA

Enciclopedia galega e universal en 3 volumes. Completo dicionario da lingua galega con máis de 80.000 entradas
45.000 biografías, topónimos e nomes propios. 4.500 fotografías a cor. 850 planos e mapas. 425 debuxos e gráficos.

3 volumes
21 x 29 cm. 2.300 páx. 290 €
I.S.B.N.: 84-8289-240-7




GRAN DICIONARIO SÉCULO 21 GALEGO/CASTELÁN CASTELÁN/GALEGO
ADAPTADO Á NORMATIVA 2003

Duplas entradas normativas. Xentilicios, nomes de tribos, etnias e pobos do mundo. Léxico patrimonial e culto, informática, ecoloxía… Léxico específico: internet, mercadotecnia, xenética… Locucións, refráns, frases feitas…

Voces: 125.000 / Acepcións: 400.000

21 x 29 cm. 1.152 páx. 58,00 €
I.S.B.N.: 84-8289-354-8




PEQUENO DICIONARIO SÉCULO 21 DE SINÓNIMOS E ANTÓNIMOS DA LINGUA GALEGA
ADAPTADO Á NORMATIVA 2003

Duplas entradas normativas. Información fonética. Indicación da categoría garamatical. Múltiples acepcións cos seus sinónimos e antónimos. Exemplos que ilustran as acepcións. Nomes científicos. Locucións, frases feitas, expresións, etc. Símbolos e fórmulas químicas e expresión do campo científico.

Voces: 40.000 / Sinónimos e Antónimos: 300.000

11,5 x 17 cm. 768 páx. 16,00 €
I.S.B.N.: 84-8289-355-6



MANUAL DE CONXUGACIÓN VERBAL DA LINGUA GALEGA
Avelino Hermida

Máis de 6.400 verbos galegos coa súa correspondente categoría gramatical. Inclúense ademais, aqueles verbos aceptados pero de uso menos recomendable ca outro ou outros, que se indican a continuación. 69 modelos de conxugación con 69 verbos conxugados. A teoría do verbo e do conxunto de todas as formas que un verbo pode adoptar.
Apéndices: verbos defectivos máis frecuentes, verbos con dous participios, etc. O complemento axeitado para os Dicionarios Século 21. Redactado na nova normativa da Academia.

13 x 21,5 cm. 160 páx. 12,50 €
I.S.B.N.: 84-8289-330-0



GRAN DICIONARIO SÉCULO 21 DA LINGUA GALEGA
ADAPTADO Á NORMATIVA 2003

Con etimoloxía. Sinónimos, antónimos, frases, locucións e exemplos. Desviacións normativas ou falsas entradas. Léxico patrimonial, culto, técnico, científico e popular. Novo léxico específico: internet, mercadotecnia, xenética... Apéndice gramatical, conxugación verbal, xentilicios e topónimos. Inclúe un completo Apéndice gramatical (alfabeto, acentuación, formación do plural, formación do feminino, o artigo, os pronomes, adverbios e locucións, conxuncións, o uso do guión, a conxugación verbal con todos os modelos verbais conxugados e listaxe completa dos verbos con expresión do seu modelo, as perífrases verbais e unha completa listaxe de xentilicios e topónimos de uso frecuente).

Voces: 80.000 / Acepcións: 300.000

21 x 29 cm. 1.486 páx. 65,00 €
I.S.B.N.: 84-8289-341-6



DICIONARIO SÉCULO 21 DA LINGUA GALEGA - SECUNDARIA E BACHARELATO
ADAPTADO Á NORMATIVA 2003

Achega lexicográfica redactada según os programas do Ensino Secundario Obrigatorio e o Bacharelato, axeitada ás necesidades prácticas e ao coñecemento dos textos literarios e técnicos destes niveis educativos.
Inclúe etimoloxías, sinónimos, antónimos, frases, locucións, exemplos, observacións, desviacións normativas ou falsas entradas…
Léxico patrimonial e culto, informática, ecoloxía, xentilicios, nomes de etnias, tribos e pobos do mundo.
Vocabulario específico e novas palabras: internet, mercadotecnia, xenética, enxeñería, comunicación, etc., relacionadas co acceso á Sociedade da Información e o Coñecemento.

Voces: 35.000 / Acepcións: 100.000

16,5 x 24 cm. 1.100 páx. 24,00 €
I.S.B.N.: 84-8289-334-3



DICIONARIO SÉCULO 21 DA LINGUA GALEGA - PRIMARIA
ADAPTADO Á NORMATIVA 2003

Unha proposta renovada para o uso da lingua, especificamente pensada e redactada para a Educación Primaria. O idioma galego accesible aos niveis básicos do ensino. Ferramenta fundamental para o traballo escolar.
Sinónimos, antónimos, exemplos prácticos, observacións, refráns…
Dobres entradas normativas según as normas vixentes da Real Academia Galega.
Exento de abreviaturas para facilitar a consulta dos primeiros usuarios dunha obra de lexicografía.

Encadernación flexible. Presentación gráfica de doada e rápida consulta.

Voces: 20.000 / Acepcións: 60.000

15,5 x 23 cm. 790 páx. 16,00 €
I.S.B.N.: 84-8289-336-X



PEQUENO DICIONARIO SÉCULO 21 GALEGO/CASTELÁN CASTELÁN/GALEGO
ADAPTADO Á NORMATIVA 2003

Proposta bilingüe. Acceso comparado aos dous idiomas, tratados sen subordinacións. Dobres entradas normativas.

Voces: 40.000

11,5 x 17 cm. 1.248 páx. 17,90 €
I.S.B.N.: 84-8289-335-1


O PROXECTO
     
 

Diciopedia do Século 21
3 volumes

Gran Dicionario Século 21 da Lingua Galega

Gran Dicionario Século 21
Galego/Castelán
Castelán/Galego

Dicionario Século 21 da Lingua Galega
Secundaria / Bacharelato

Dicionario Século 21 da Lingua Galega Primaria

Pequeno Dicionario Século 21 da Lingua Galega

Pequeno Dicionario Século 21
Galego/Castelán Castelán/Galego

En preparación:
Atlas Xeográfico de Galicia e do Mundo
Atlas Histórico de Galicia
Manuais de Lingua e cadernos de exercicios
Dicionarios temáticos
Láminas de aula
Mapas murais


 
 
 
 
 
– © Edicións do Cumio. Reservados todos os dereitos. –
   
DICCIONARIOS ENSINO LECTURAS CONTOS E XOGOS MULTIMEDIA GUÍAS CARTOGRAFÍA MÚSICA