Quiénes somos

Quiénes somos

Edicións do Cumio é unha editorial e selo fonográfico de carácter xeralista. Fundouse no ano 1988 e dende entón vén sorprendendo aos lectores con obras de grande interese nas súas moitas liñas editoriais: contos infantís, xogos didácticos, literatura xuvenil e narrativa, ensaio, dicionarios, ensino, biografías, turismo e cartografía, música e produtos multimedia. Deste xeito dende o primeiro lector ata o interesado polos estudos literarios, terá en Cumio un amplo abano de traballos ben realizados. O ensino da lingua galega é unha das máximas da editorial, que conta cunha colección de dicionarios monolingües, bilingües, temáticos e enciclopédicos e que foi precursora en Galicia do primeiro dicionario en CD ROM e corrector lingüístico. Edicións do Cumio tamén destaca por achegar diversos materiais de exercicios para a aprendizaxe da lingua en diferentes graos.

É de destacar así mesmo a especialización en guías turísticas e cartográficas (o mapa de Galicia de Cumio é dende hai anos o máis vendido).

Por outra banda, a sección discográfica está a ser o referente da música feita en galego e en colaboración coa editorial, estase a publicar unha liña cada vez máis apreciada polo público que denominamos Multimedia, pois deste xeito a posibilidade de entregar nun só volume distintos códigos de comunicación posibilita o coñecemento máis completo de contidos artísticos ou divulgativos: fotografía, audio, imaxe, partituras, debuxos…