Política de privacidad

Política de privacidad

Responsable do ficheiro

EDICIÓNS DO CUMIO, SA, en diante CUMIO.COM, con domicilio situado no polígono industrial A Reigosa, parcela 19, 36827 Ponte Caldelas, Pontevedra, teléfono de contacto 986 761 045 e enderezo de correo electrónico cumio@cumio.com, é a responsable dos ficheiros en que se incluirán os datos persoais recollidos e tratados desde esta páxina web. Estes ficheiros atópanse debidamente inscritos no Rexistro Xeral de Protección de Datos da Axencia Española de Protección de Datos.

Recollida de datos

CUMIO.COM unicamente recolle os datos de carácter persoal que nos proporcione a través dos formularios incluídos na páxina web e dos nosos enderezos de correo electrónico.

Usos e finalidades dos datos recollidos


En www.cumio.com recóllense os datos de carácter persoal coas finalidades que se detallan a continuación. Se non está conforme con algunha delas, pódeo comunicar no enderezo de correo electrónico cumio@cumio.com. Os usos e finalidades previstos son:

Club de lectores


A información que nos proporcione a través da área de Club de lectores utilizarase para a xestión e publicación dos seus comentarios na nosa páxina web.

Envío de información

Os datos que nos facilite nos correos ou formularios de contacto e do Club de lectores serán empregados coa finalidade de lle remitir por correo electrónico información comercial sobre os produtos, as ofertas e as promocións de CUMIO.COM. Se non desexa recibir este tipo de información, poderánolo comunicar a través do enderezo de correo electrónico cumio@cumio.com.

Comunicación de datos a terceiros

CUMIO.COM ten prevista a comunicación dos seus datos persoais a terceiros nos supostos que se detallan a continuación. Se non está conforme con algunha destas cesións, pódeo comunicar no enderezo de correo electrónico cumio@cumio.com. As comunicacións previstas son:

Comunicacións establecidas na lei


Os seus datos seranlles comunicados a terceiros nos supostos en que unha norma legal así o estableza (administracións públicas, autoridades administrativas ou xudiciais etc.).

Exercicio de dereitos

En calquera momento poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante o envío da solicitude do exercicio correspondente acompañada da copia dun documento oficial que o identifique (DNI, carné de conducir ou pasaporte) ao enderezo de correo electrónico cumio@cumio.com ou ao noso enderezo postal: polígono industrial A Reigosa, parcela 19, 36827 Ponte Caldelas, Pontevedra.

Versión

Esta política de privacidade ten data do 12/02/2014 e calquera modificación dos seus termos será publicada nesta páxina web.