Aviso legal

Aviso legal

Responsable legal

EDICIÓNS DO CUMIO, SA
NIF/CIF: A-36055234
Enderezo: polígono industrial A Reigosa, parcela 19, 36827 Ponte Caldelas, Pontevedra
Enderezo electrónico de contacto: cumio@cumio.com
Tlf.: 986 761 045
Datos rexistrais: inscrita no Rexistro Mercantil de Pontevedra, folio 115, libro 653 de sociedades, folla núm. 8994

Condicións de uso

As presentes condicións legais regulan o uso permitido desta páxina web que EDICIÓNS DO CUMIO, SA, en diante CUMIO.COM, pon a disposición dos usuarios de Internet. Se non está conforme con estas condicións legais, debe abandonar esta páxina web.
O usuario obrígase a usar a web, os servizos e os seus contidos de forma dilixente, correcta e lícita e, en particular, deberase abster de:

  • Suprimir, eludir ou manipular o copyright e demais datos identificadores dos dereitos dos seus titulares incorporados aos contidos, así como os dispositivos técnicos de protección ou calquera mecanismo de información que puideren incluír os contidos.
  • Introducir programas, virus, macros ou calquera outro dispositivo lóxico ou secuencia de caracteres que causen ou sexan susceptibles de causar calquera tipo de alteración na páxina web ou nos sistemas informáticos que a soportan.
  • Usar ou instalar programas ou dispositivos capaces de invalidar os controis ou contrasinais de seguridade establecidos por CUMIO.COM, estando igualmente prohibido descifrar as claves, sistemas ou algoritmos de cifrado ou calquera outro elemento de seguridade da páxina web ou de calquera dos seus usuarios.
  • Realizar unha copia ou captura de pantallas da páxina web sen a autorización expresa de CUMIO.COM.
  • Efectuar copias ou versións da páxina web ou do seu código fonte sen o consentimento expreso de CUMIO.COM.
  • Realizar comentarios na páxina que insulten, calumnien ou lles falten á debida consideración a outros usuarios ou terceiros, así como utilizar unha linguaxe groseira e malsoante.
  • Realizar calquera tipo de comportamento contrario á lei ou á boa fe.


Exclusión de responsabilidade

CUMIO.COM non se fai responsable das perdas ou prexuízos que lle poida ocasionar ao usuario por virus, indispoñibilidade ou calquera outro comportamento anómalo da páxina web. CUMIO.COM adoptou todas as medidas de seguridade ao seu alcance e segundo o estado actual da técnica para garantir o correcto funcionamento da web e evitarlle a xeración de calquera tipo de dano ao usuario.
CUMIO.COM non se fai responsable dos comentarios ou das opinións expresadas polos usuarios. Se detecta algún contido inapropiado ou que infrinxa a lei ou os dereitos de terceiros, pódeo comunicar no noso enderezo de correo electrónico cumio@cumio.com.

Enlaces

CUMIO.COM declina calquera responsabilidade polos servizos e/ou pola información que se preste noutras páxinas enlazadas con esta web. CUMIO.COM non controla nin exerce ningún tipo de supervisión sobre as páxinas enlazadas. Os usuarios que utilicen estes enlaces deberán consultar as condicións legais expostas nas páxinas de destino.

Tenda en liña

CUMIO.COM non vende directamente na súa páxina web ningún libro ou produto. O botón comprar que aparece xunto á ficha do libro é un enlace a unha páxina externa (www.imosver.com) que se rexe polos seus propios termos e condicións legais.
CUMIO.COM non se fai responsable da información, dos contidos ou das transaccións realizadas en www.imosver.com ou en calquera outra páxina enlazada coa nosa.

Propiedade intelectual

Os textos, imaxes, logos, signos distintivos, sons, animacións, vídeos, o código fonte e o resto de contidos incluídos nesta web son propiedade de CUMIO.COM, ou dispón, de ser o caso, do permiso para o seu uso e/ou a súa explotación.
Os usuarios desta páxina web poderán levar a cabo a reprodución ou o almacenamento dos contidos existentes nesta páxina para o seu uso persoal exclusivo ou as finalidades autorizadas nas condicións legais de contratación dos nosos produtos e servizos. Calquera outra transmisión, distribución, reprodución ou almacenamento total ou parcial dos contidos almacenados nesta web queda expresamente prohibida, agás previo e expreso consentimento de CUMIO.COM.

Publicidade

Esta páxina web pode albergar contidos publicitarios ou estar patrocinada. Os anunciantes e patrocinadores son os únicos responsables do material remitido para a súa inclusión no sitio web e deberán responder da legalidade destes. CUMIO.COM non será responsable de calquera erro, inexactitude ou irregularidade que poida existir nos contidos publicitarios ou dos patrocinadores. En todo caso, para interpoñer calquera reclamación relacionada cos contidos publicitarios inseridos neste sitio web, pódense dirixir ao seguinte enderezo de correo electrónico: cumio@cumio.com.

Lexislación e xurisdición

Esta páxina web atópase sometida á lexislación española, e no caso de litixio ou controversia xurdida do uso desta páxina web ambas as partes se someten á xurisdición dos tribunais da cidade de Pontevedra (España). Esta cláusula de submisión expresa non será aplicable para os supostos de litixio cos usuarios da web que segundo a lexislación vixente posúan a condición de consumidores, en cuxo caso ambas as partes estarán sometidas á xurisdición dos xulgados e tribunais de residencia do consumidor.

Versión

Este aviso legal ten data do 12/02/2014 e calquera modificación dos seus termos será publicada na páxina web.