Bouzas olladas salgadas na Feira do Libro de Vigo 2015

Puri Pérez Leirós e Elena de Frutos Martínez veñen de presentar onte na Feira do Libro de Vigo, a súa obra Bouzas olladas Salgadas. Un proxecto fresco e renovado que tardou seis anos en sair á luz. De xeito conxunto, as autoras intentaron refrescar a memoria de Galicia a través da historia da vila de Bouzas.