A familia Caravana de Pepe Carreiro

  • Data:20-07-2011
Nova serie infantil de Edicións do Cumio epe Carreiro crea unha nova serie infantil: A familia caravana Da man de Carreiro e Carreiro, o dúo creativo que asinan Pepe o seu fillo, tamén ilustrador, Abraham Carreiro, nace unha nova serie infantil titulada A familia caravana e dirixida a primeiros lectores. Nela, os protagonistas son un grupo de nenos, chegados de diversas partes do mundo, cuxas familias traballan nun circo. A colección está publicada por Edicións do Cumio e sae ás librerías con tres títulos a través dos cales coñecemos as aventuras os nenos viven fóra e dentro da pista do Run-Run Circus. Nas vindeiras semanas, o creador da serie percorrerá diversas librerías de Galicia presentando a serie ao público, pero xa se pode descargar na páxina de Edicións do Cumio un avance de A nova domadora de cans, Un hipopótamo moi áxil e Un dinosauro no circo, os tres primeiros volumes de A familia Caravana. O selo galego tamén publicará a serie en castelán e catalán.