Edicións do Cumio.Guías.Naturguías. A Santiago por Natura (galego)
logo de Cumio edicións do Cumio


 Naturguías Cumio   a Santiago por Natura

As Naturguías Cumio: A Santiago por Natura é o título xenérico desta serie. Constitúen unha serie de guías prácticas para percorrer o máis interesante dos oito camiños de Santiago en Galicia, incidindo especialmente na natureza pero tamén no patrimonio etnográfico, arquitectónico e cultural. Están amplamente ilustradas con fotografías a cores, debuxos de plantas e animais, mapas, planos, gráficas e infografías que realzan considerablemente a súa valía como instrumento para percorrer as terras polas que transcorren os camiños. Asemade, achegan completa información dos lugares imprescindibles a visitar en cada ruta, dos albergues e aloxamentos, restaurantes, campings e demáis servizos necesarios na programación da viaxe. (tamén en ESPAÑOL)

NATURGUÍAS A SANTIAGO POR NATURA EN GALEGO

O CAMIÑO FRANCÉS EN GALICIA
Manoel Santos e Onofre Sabaté

O Camiño Francés é a ruta por excelencia, a vía pola que millóns de peregrinos veñen chegando a Santiago desde que o mito saíu á luz en Libredón, en Compostela.
É no Cebreiro, a sorprendente aldea das pallozas, o santuario e o Graal, onde comeza en Galicia. Ábrese paso entre as chamadas montañas orientais. Os Ancares ó norte e O Courel ó sur, quizais os lugares naturais máis salientables do noroeste peninsular.

11,5 x 22,5. 84 páx. 7,90 €
I.S.B.N.: 84-8289-261-4


A RUTA DO MAR DE AROUSA
Antón Mascato, Manoel Santos e Onofre Sabaté

Contan que o Apóstolo Santiago chegou do mar, como o pobo galego. Que os seus restos arribaron ao entón porto de Iria Flavia tra-lo seu martirio, en Xerusalén, alá polo ano 44. Que dende o peirao de Jaffa, Teodoro e Atanasio, os seus discípulos, portaron en barca os restos ata chegar a unha amplia ría, a de Arousa. Fóra do lendario e do litúrxico, esta ruta imaxinaria discorre por un dos grandes bastións naturais do litoral de Galicia. Chámanlle a Ruta do Mar de Arousa.

11,5 x 22,5. 120 páx. 7,90 €
I.S.B.N.: 84-8289-265-7


OS CAMIÑOS DO NORTE EN GALICIA
Manoel Santos e Onofre Sabaté

Polos camiños do norte entraron xa antes do século X os reis ástures e tódolos que vivían na Península non arabizada.
Sempre foron dous, o Camiño Alto, ou do norte, que entraba en Galicia por Ribadeo, e o Camiño Primitivo, ou da Fonsagrada.

11,5 x 22,5. 96 páx. 7,90 €
I.S.B.N.: 84-8289-263-0

O CAMIÑO PORTUGUÉS EN GALICIA
Manoel Santos e Onofre Sabaté

O Camiño Portugués é a ruta de entrada a Galicia que atravesa o Miño entre Valença e Tui. Os portugueses elixían entre o camiño da costa, polo Porto, ou o do interior, pola Ponte de Lima, para acceder á cidade fortaleza de Tui, aínda que os de máis alá percorrían vieiros como o de Chaves ou o de Celanova para incorporárense á Vía da Prata.
A localidade tudense, Pontevedra ou Padrón están entre as vilas monumentais máis sobranceiras deste camiño que vén sur.

11,5 x 22,5. 84 páx. 7,90 €
I.S.B.N.: 84-8289-259-2

O CAMIÑO INGLÉS EN GALICIA
Manoel Santos e Onofre Sabaté

A terras coruñesas e ferrolás chegaban non poucos peregrinos vía marítima dende, polo menos, o século X, pero en máis número arredor do século XIV. O seu camiñar cara a Santiago de Compostela deu lugar a este Camiño Inglés que atravesa un gran número de lugares de interese cultural e natural.
A vila de Ordes, ou máis ben antes, por Santiago de Sigrás e o antigo hospital de Bruma, fai de punto converxente entre dúas apaixoantes posibilidades, A Coruña e Ferrol.

11,5 x 22,5. 96 páx. 7,90 €
I.S.B.N.: 84-8289-260-6

A VÍA DA PRATA EN GALICIA
Manoel Santos e Onofre Sabaté

Gran parte de Portugal e do centro-sur da Península comunicábase coa vila xacobea pola Vía da Prata, un percorrido de comerciantes que antes fora itinerario de conquistas árabes e reconquistas cristiás, de comercio mineral e de ofrendas que chegadas das Américas tiñan como destino expiar pecados en Compostela. Discorre en parte polo trazado dunha antiga vía romana da Gallaecia. É o máis longo dos camiños de Santiago en Galicia.

11,5 x 22,5. 96 páx. 7,90 €
I.S.B.N.: 84-8289-262-2

O CAMIÑO DE FISTERRA
Manoel Santos e Onofre Sabaté

Non eran poucos os peregrinos que continuaban a viaxe dende Compostela polo Camiño de Fisterra para chegar ás máxicas terras da Costa da Morte, á fin do mundo, ó Finis Terrae onde os romanos adoraron ó sol. Aquí acababa o mundo no medievo e quizais tamén o faga hoxe en día.
Tanto a ruta do litoral como a do interior realizábanse ben dende Santiago ben cara a esa cidade, pois eran moitos os peregrinos que arribaban ós miúdos portos da Costa da Morte.

11,5 x 22,5. 84 páx. 7,90 €
I.S.B.N.: 84-8289-264-9

as coleccións de guías
     
 

Guias Xerais
Para seren utilizadas no tempo de lecer, nas actividades turísticas ou no labor didáctico en saídas ao aire libre.

Naturguías: espacios naturais
Guías de espacios naturais protexidos e a protexer que inclúen cadanseu mapa. Dispoñibles en galego e en español.

Naturguías: a Santiago por Natura
Guías da natureza dos oito Camiños de Santiago en Galicia. Dispoñibles en galego e en español.

Descubrir
Guías das principais cidades e vilas de Galicia. Edicións en galego, español, inglés, portugués, francés e alemán.

Fotografía
Libros en gran formato con fotografías de gran calidade sobre os aspectos máis relevantes do país.

Álbum
Nova colección de libros editados en varias linguas que nos amosan diferentes lugares dende o punto de vista da imaxe fotográfica. Edicións en galego, español, inglés, portugués, francés e alemán.

Galicia Paso a Paso
Pretende acompañar e guiar ao viaxeiro nos seus percorridos por terras galegas.

Paseando por...
Libros para levar na man e converter a simple visita nunha lección de arte, arqueoloxía e historia polas cidades e vilas galegas.

Paseando por... con Planos
A colección Paseando por... xunto con cadanseu plano da vila ou cidade en cuestión.

 
 
 
 
 
– © Edicións do Cumio. Reservados todos os dereitos. –
   
DICCIONARIOS ENSINO LECTURAS CONTOS E XOGOS MULTIMEDIA GUÍAS CARTOGRAFÍA MÚSICA