Edicións do Cumio.Guías.Naturguías(galego)
logo de Cumio edicións do Cumio


 Naturguías Cumio   espacios naturais

As NATURGUÍAS son guías dos espacios naturais protexidos e a protexer que inclúen información do medio físico, a fauna, a flora, o medio humano, os servicios, roteiros a pé, etc. Con cada guía engádese un mapa a grande escala. (tamén en español)

NATURGUÍAS EN GALEGO

NATURGUÍA CUMIO DO PARQUE NATURAL DE CORRUBEDO. RIBEIRA E O BARBANZA (inclúe mapa 1:32.000)
Manoel Santos

ONDE OS MONTES SON DE AREA

O prodixioso muro granítico da serra do Barbanza non quixo esmorecer no océano así, de súpeto. Preferiu rachar co esgrevio litoral e deixar antes a máis fermosa e abraiante mostra de diversidade natural que a natureza foi quen de crear.
Corrubedo garda na súa cerna a meirande duna móbil do país, un cordón de montes de area vexetados dunha riqueza florística inusitada, unha marisma básica para miles de aves migratorias e invernantes e mesmo dúas lagoas tan achegadas como diferentes: a do Carregal –de augas salobres rodeadas por unha marisma– e a de Vixán –de augas doces protexidas por un mesto carrizal.
E pola contorna unha serra flanqueada de vilas apaixoantes, cun patrimonio arqueolóxico sobresaínte, de cumios no ceo da costa.

11,5 x 22,5. 108 páx. 13,75 €
I.S.B.N.: 84-8289-218-5

NATURGUÍA CUMIO DA SERRA DO COUREL (inclúe mapa 1:50.000)
Manoel Santos

A TERRA DAS DEVESAS

O Courel é un territorio crebado, de montañas fracturadas por vagarosos cataclismos xeolóxicos, de fallas que moldearon bicudos cumios, vales profundos
e pendentes de vertixe. É un glorioso macizo de lousas e xistos fendido por abrancazados afloramentos calcarios. Agacha devesas onde os carballos e as faias máis occidentais de Europa impoñen a súa nobreza. É terra de lobos, de aguias, de corzos…, pero sobre todo é terra de aldeas, poboacións engaiolantes de construccións apiñadas, moreas de laxes de lousa e trabes de castiñeiro que gabean polas abas case que desafiando precipicios.

11,5 x 22,5. 108 páx. 13,75 € (terceira edición)
I.S.B.N.: 84-8289-156-1

NATURGUÍA CUMIO DA SERRA DOS ANCARES (inclúe mapa 1:50.000)
Manoel Santos

O ÚLTIMO REFUXIO
Unha enorme cóbrega de xistos e granitos percorre a fronteira galaico-leonesa. Son os derradeiros retallos de bosques autóctonos eurosiberianos que aínda son dignos de ser chamados bosques. Fragas avesías que acubillan na súa cerna especies animais a piques de sucumbir ante a cobiza do home. Terras que permaneceron séculos illadas e que foron quen de conservar a maior conxunción de valores etnográficos e naturais que se pode ver hoxe en día no noroeste peninsular.

11,5 x 22,5. 96 páx. 13,75 € (terceira edición)
I.S.B.N.: 84-8289-118-9

as coleccións de guías
     
 

Guias Xerais
Para seren utilizadas no tempo de lecer, nas actividades turísticas ou no labor didáctico en saídas ao aire libre.

Naturguías: espacios naturais
Guías de espacios naturais protexidos e a protexer que inclúen cadanseu mapa. Dispoñibles en galego e en español.

Naturguías: a Santiago por Natura
Guías da natureza dos oito Camiños de Santiago en Galicia. Dispoñibles en galego e en español.

Descubrir
Guías das principais cidades e vilas de Galicia. Edicións en galego, español, inglés, portugués, francés e alemán.

Fotografía
Libros en gran formato con fotografías de gran calidade sobre os aspectos máis relevantes do país.

Álbum
Nova colección de libros editados en varias linguas que nos amosan diferentes lugares dende o punto de vista da imaxe fotográfica. Edicións en galego, español, inglés, portugués, francés e alemán.

Galicia Paso a Paso
Pretende acompañar e guiar ao viaxeiro nos seus percorridos por terras galegas.

Paseando por...
Libros para levar na man e converter a simple visita nunha lección de arte, arqueoloxía e historia polas cidades e vilas galegas.

Paseando por... con Planos
A colección Paseando por... xunto con cadanseu plano da vila ou cidade en cuestión.

 
 
 
 
 
– © Edicións do Cumio. Reservados todos os dereitos. –
   
DICCIONARIOS ENSINO LECTURAS CONTOS E XOGOS MULTIMEDIA GUÍAS CARTOGRAFÍA MÚSICA