Edicións do Cumio.Lecturas.Narrativa
logo de Cumio edicións do Cumio

 Narrativa   c o l e c c i ó n


CONTOS MAMÍFEROS.
Alfonso Álvarez Cáccamo


Conxunto de relatos nos que o autor amosa un elevado alento narrativo, ben pola perfecta construcción das personaxes, polo xenuíno dos diálogos, pola ambientación dos escenarios ou polo pulso humorístico que latexan.

16 x 24. 96 páx. 9,00 €
I.S.B.N.: 84-8289-071-9



TEMPOS AGRADABLES.
Conchi Regueiro


Unha salientable obra que mereceu o III Premio de Novela Mulleres Progresistas (ano 2000).

16 x 24. 128 páx. 9,50 €
I.S.B.N.: 84-8289-161-8



O SILENCIO DO MAR.
Vercors. Trad. Valentín Arias


A xenialidade do autor consiste en resumir toda a historia da ocupación alemana na requisa da casa dunha familia francesa por un oficial alemán, que ten que sufri-la afrenta do silencio como resposta ás súas palabras.

15 x 20. 112 páx. 7,00 €
I.S.B.N.: 84-87126-13-8



O PATRÓN.
Manoel Riveiro Loureiro


O Patrón é a denuncia plural dos abusos que aínda hoxe se dan, dos paus que decote levamos nas costas, da sobexa impunidade con que actuaron e actúan os aproveitados de sempre.

15 x 20. 184 páx. 9,00 €
I.S.B.N.: 84-87126-12-X



O ESTRANXEIRO.
Albert Camus. Trad. Valentín Arias


Para o protagonista desta novela, extraño ó mundo que o rodea, nada ten sentido: Deus, o amor, a morte... E así acepta a sorte de morrer executado, negándose a todo impulso de resignación, esperanza ou rebelión.

15 x 20. 88 páx. 7,50 €
I.S.B.N.: 84-87126-24-3



AS COUSAS.
Georges Perec. Trad. Gonzalo Navaza


É a narración da contradicción entre a realidade e o desexo, a partir do enfrontamento dunha parella e a pluralidade dos obxectos nun mundo no que a felicidade se cifra na posesión, na riqueza, no consumo.

15 x 20. 112 páx. 8,50 €
I.S.B.N.: 84-87126-26-X



A TRELA.
Françoise Sagan. Trad. Raquel Villanueva


Último libro da autora, no que narra unha historia de individualismo, de posesión, de conflicto entre o amor e o interese, o diñeiro; a historia dunha parella na que ela manda, porque ten cartos e el obedece porque non os ten. Ata que...

15 x 20. 128 páx. 9,00 €
I.S.B.N.: 84-87126-31-6



ALGÚNS OUTROS.
Manuel Lourenzo González


Dentro de un, ademais de un, está os outros. Sempre. Estaban aí ou apareceron de repente, nun momento calquera desaparecerán, e nunca saberá nada deles. Viven no propio corpo noso, e por veces adónanse del como se lles pertencese e viven a súa vida, pero á súa maneira.

15 x 20. 104 páx. 8,00 €
I.S.B.N.: 84-87126-39-1



¡XERUSALÉN, XERUSALÉN!
Xoán Bermúdez Vilar


Ó descer do vehículo deime de fuciños con algo absolutamente inesperado. Un rótulo comercial que en hebreu, en árabe, e en inglés anunciaba: "Vigo Fashions". Había moitos Vigos no mundo. Mais ¿de que Vigo se podería tratar? Achegueime.

15 x 20. 224 páx. 10,50 €
I.S.B.N.: 84-87126-48-0



PONCIO PILATOS.
Roger Caillois. Trad. Xesús González Gómez


Poncio Pilatos é a única obra narrativa de Roger Caillois; compendio do ideario, escéptico e volteriano do seu autor. Nela se presentan as vintecatro horas que transcorren entre o aprisionamento de Xesús e a decisión que toma o representante de Roma.

15 x 20. 64 páx. 6,50 €
I.S.B.N.: 84-87126-52-9



HISTORIAS DE EDEL.
Navia Franco Barreiro


Os relatos poéticos que dan corpo a este libro da xove autora, conteñen un atraínte idealismo xuvenil, imaxes do mundo interior e exterior coas que debuxa funambulistas, tolos ou soñadores. Escrito con seguridade, claridade e axilidade, nunha lingua doada e escolleita, nos pon en contacto coa arte do ben escribir.

15 x 20. 136 páx. 7,00 €
I.S.B.N.: 84-87126-78-2



OS OLLOS DO REI DE COPAS.
Xurxo Sierra Veloso


Eliseo pasea o seu recordo polas rúas de Vigo. É posible que mentres camiña se cruce co inspector Lunes, preocupado por recuperar o desaparecido Cristo da Victoria, ou algún outro personaxe atípico, rutilante e singular dos que dan forma a unha novela con dúas historias paralelas que converxen ó final. O autor danos unha mostra do seu ben facer literario con esta novela chea de humor, ironía e misterio.

15 x 20. 108 páx. 6,50 €
I.S.B.N.: 84-87126-77-4



AMOR DE CINEMA.
Francisco Castro


A novela conta a historia dunha obsesión, de como os amantes poden matar se é necesario, de como a seducción pode ser máis forte ca vida. Esta novela é un exercicio lírico, unha loita á procura dunha linguaxe poética e dunha prosa que reflecte o esplendor das películas en branco e negro, diante das que moitos de nós medramos.

15 x 20. 176 páx. 9,00 €
I.S.B.N.: 84-87126-85-5



BAILABLES.
Xosé A. Perozo


O lector ten nas súas mans once pezas musicais nas que a literatura é a protagonista absoluta. Un excelente exercicio narrativo no que é facil encontrar nostalxias, maxia, sorpresas, humor, tenrura e, sobre todo, unha fonda ironía diante da visión dos mundos que o autor transvasa do popular á literatura.

15 x 20. 160 páx. 9,50 €
I.S.B.N.: 84-87126-92-8



ARREDOR DO NON.
Camilo Gonsar


O autor ofrécenos unha serie de relatos que conteñen sucesos que caen fóra do ordinario; outros, pola contra, obedecen a unha intención de afondar no significado de escenas en apariencia triviais, e non faltan os que permiten xenerosamente unha visión crítica de diferentes facetas da actualidade. E todas están unidas por un mesmo desexo de claridade estilística e de transparencia narrativa.

13,5 x 19. 152 páx. 9,50 €
I.S.B.N.: 84-8289-016-6



TEMPOS SERODIOS.
Emilio Araúxo


Un libro de relatos que non pode pasar desapercibido no panorama da narrativa actual. Nesta obra recóllese un total de 22 relatos baseados en feitos cotiáns do mundo galego onde o autor amosa os seus coñecementos de etnografía, con referencias a costumes, crenzas, falas e maneiras de ser e de facer dos galegos.

13,5 x 19. 200 páx. 8,50 €
I.S.B.N.: 84-8289-018-2



A DA ALBA SERÍA.
Lalo Vázquez Xil


Unha lufada de humor retranqueiro, irónico, mordaz, satítrico, cargado de crítica, percorre todo o libro que, pese á súa atemporalidade -aínda que relata feitos históricos- fainos pensar, e acertamos, que o autor se refire, ás veces, a xente e sucesos de hoxe en día.

13,5 x 19. 384 páx. 16,50 €
I.S.B.N.: 84-8289-031-X



A ARMADA INVENCIBLE.
Manuel Forcadela


As andanzas e aventuras dun pedante e algo aloucado antropólogo á percura dunha enigmática muller, aseguran en cada páxina o sorriso do lector e, tamén, máis dunha gargallada. Novela cómica e expresionista, tan próxima do esperpento como da linguaxe cervantina.

13,5 x 19. 152 páx. 7,00 €
I.S.B.N.: 84-8289-033-6



XENTE DESTE MUNDO E DO OUTRO.
Pablo A. Martín Estrada. Trad. Carlos L. Bermúdez


Abre diante dos ollos do lector un variado elenco de personaxes curiosos, festeiros, atormentados, felices, descontentos, excepcionais na súa frescura e en ocasións tocados por unha sutil néboa de maxia.

13,5 x 19. 112 páx. 7,50 €
I.S.B.N.: 84-8289-049-2



HENRIQUETA NA GALERÍA.
Lois Diéguez


Desde a galería dunha casa da Praza Maior, Henriqueta "vella muller", observa canto acontece na cidade, así van pasando doce historias, que son doce cadros do Lugo vello e do novo Lugo. Henriqueta pretende dominar o mundo que pasa, máis as personaxes, procuran o seu propio camiño.

13,5 x 19. 136 páx. 7,50 €
I.S.B.N.: 84-8289-064-6


as coleccións de lectura
     
 

A Curuxa
Libros recomendados para o segundo e terceiro ciclo da Educación Primaria, textos ilustrados para os lectores máis novos.

Gaivota
Textos narrativos seleccionados especialmente para os esdudiantes da Educación Secundaria Obrigatoria.

Narrativa
Literatura xuvenil e para adultos en textos escolleitos dos máis interesantes escritores e escritoras.

Cómplice
Colección de relato fantástico e policial que xunta o máis interesante do xénero publicado en lingua galega.

Criterio
Ensaio sobre a obra e a biografía dos máis relevantes autores e títulos da nosa literatura.

Ensaio
Quer a literatura quer a lingua teñen nesta serie o seu tratamento específico, riguroso e ameno.

Escolmas
Unha nova colección de antoloxías poéticas dos grandes autores e autoras de Galicia.

Documenta
Textos de información sobre os máis interesantes temas de interese xeral.

Biografías Históricas
Nas que o biografiado é o fío conductor do periplo vital e histórico de toda unha época e actividade.

Etnografía
Cultura popular, tradicións, costumes... A Galicia tradicional nos seus estudios.

Mitos e Tradicións
Narracións chegadas a nós pola transmisión oral de ducias de xeneracións, recolleitas e fixadas para sérenlle contadas ás vindeiras.

Cociña
As mellores receitas dun dos grandes da gastronomía galega: Paco Feixó.

Textos Internacionais
Cadernos de enorme interese na análise e documentación dos puntos quentes do planeta, feitos, e realizados para pensar no mundo desde nós mesmos.

O Fardel
Un lugar de encontro entre diversas disciplinas que non deben quedar isoladas.

Fotografía
Libros en gran formato con fotografías de gran calidade sobre os aspectos máis relevantes do país.

 
 
 
 
 
– © Edicións do Cumio. Reservados todos os dereitos. –
   
DICCIONARIOS ENSINO LECTURAS CONTOS E XOGOS MULTIMEDIA GUÍAS CARTOGRAFÍA MÚSICA