Edicións do Cumio.Multimedia
logo de Cumio edicións do Cumio

 Multimedia   c o l e c c i ó n



OS CAMPANEIROS DE VILAGARCÍA . Gaiteiros de Arousa e O Salnés.
Carlos Rey, Paulo Nogueira e Héctor Silveiro


LIBRO EN GRAN FORMATO COA VIDA E OBRA DOS CAMPANEIROS DE VILAGARCÍA QUE INCLÚE PARTITURAS E FOTOGRAFÍAS. CO LIBRO ACHÉGASE UN DVD CON FRAGMENTOS DE PELÍCULAS, GRAVACIÓNS DE AUDIO E VIDEO E UNHA GALERÍA DE IMAXES QUE REPASA A HISTORIA DO GRUPO MÁIS FAMOSO DAS RÍAS BAIXAS.
José Carballa e Celestino Carballa tocaban bombo e tambor, respectivamente. Fillos de Palla Mallada, gaiteiro de renome na comarca da Arousa, despois de tocar co seu pai achegáronse a dous gaiteiros veciños, os irmáns Valiñas, para formar Os Campaneiros. O inconfundible estilo que caracterizou ao grupo débese ao bo facer destes homes e á súa particular maneira de entender a percusión dentro da formación tradicional do cuarteto de gaitas. Sen lugar a dúbidas, o dúo de gaitas que protagonizaron os irmáns Ramón e José Valiñas constituíuse como un dos referentes fundamentais da música de gaita da segunda metade do século XX. Esta obra transmite, en definitiva, a esencia expresiva do fenómeno dos Campaneiros: os gaiteiros populares engrandecidos no seu traballo, con luz propia á hora de analizar a súa arte.

LIBRO + DVD
20 x 30. 232 páx. 37,50 €
I.S.B.N.: 84-8289-340-8




GAITEIROS DO AREAL . O legado dos Areeiras de Catoira.
Xosé Manuel Navia e Francisco Javier García


LIBRO EN GRAN FORMATO COA VIDA E OBRA DOS AREEIRAS DE CATOIRA, PARTITURAS, FOTOGRAFÍAS E GUÍA DE AUDICIÓN DO CD INCLUÍDO CON 27 PEZAS GRAVADAS AOS AREEIRAS E A RAMÓN SUMAY.
Entre os gaiteiros das comarcas da Arousa e do Salnés predomina o criterio de considerar ós Areeiras como un dos grupos sobranceiros na música tradicional de Galicia. Esta obra é o froito de case 14 anos de recompilación e conservación dese material acumulado por Ramón Sumay e doutros documentos espallados entre as persoas próximas ós Areeiras. Ó final recollemos de entre máis de trinta casetes e varias bobinas sonoras –das que demos extraído arredor de trescentos temas musicais–, e medio cento de fotografías. A esta chea de materiais só cabía poñerlle orde e dotala de alma, a que nos proporcionaron os testemuños dos dous areeiras aínda vivos, Tito e Agustín Sumay, e as lembranzas doutras persoas que, en maior ou menor medida, tiveron relación con eles e gardaban memoria do seu paso pola historia da música galega. Nela incluímos un amplo traballo sobre a vida e obra do cuarteto de gaitas de Catoira, unha guía de audición do CD incluído neste libro, partituras de Ramón Sumay e dos restantes Areeiras, e unha galería de imaxes e fotografías que amplían a base documental sobre Os Gaiteiros do Areal.

LIBRO + CD
20 x 30. 166 páx. 32,50 €
I.S.B.N.: 84-8289-331-9




MOXENAS. A memoria do son.
Miguel Pérez Lorenzo


Libro en gran formato acompañado dun DVD que aborda os datos biográficos do Gaiteiro, as súas relacións cos diferentes referentes folcóricos da Comarca de Vigo, Os Morenos de Lavadores, Os Cruceiros, Melitón, a Banda Xarabal da Universidade Popular, Noitarega, Iván Costa ou mesmo Susana Seivane, incluída a súa implicación  como fundador e intérprete do Grupo Folk Muxicas. Nun segundo epígrafe vemos a Moxenas como autor prolífico e de demostrada calidade con máis de 70 obras das que editamos as partituras, gravacións e incluíndo fragmentos de entrevistas e da súa especial técnica interpretativa. A análise que Miguel Pérez Lorenzo fai do estilo compositivo de Moxenas amplíase cun amplo estudo musicolóxico da música tradicional da Comarca viguesa.

LIBRO + DVD
20 x 30. 448 páx. 44,80 €
I.S.B.N.: 84-8289-281-9



DE PANO SEDÁN
José Presedo e Astrid Filgueira


Libro de gran formato, que inclúe un CD, 400 páxinas (con fotografías de Ricardo Bará) dos mellores intérpretes de gaita do noso país (Magoia Bodega, Ernesto Campos, Pablo Carpintero, Xaime Estévez, Juanjo Fernández, Xosé Manuel Fernández, Pablo López Torneiro, Xosé Luís Miguélez, Manoel Muxico, Anxo Pintos, PePe Romero e Susana Seivane). Publícanse case 300 páxinas de partituras dos autores, con 21 temas gravados por eles no CD e as biografías dos autores e intérpretes.
Edicións do Cumio continúa así pola súa aposta de fornecer de materias de calidad á música tradicional do país.

LIBRO + CD
20 x 30. 400 páx. 38,50 €
I.S.B.N.: 84-8289-163-4



DOCE POLAINAS ENTEIRAS
Astrid Filgueira e José Presedo


Libro de grande formato, que inclúe un CD, 260 páxinas con fotografías dos mellores intérpretes da gaita do noso país (Raúl Galego, Xesús Vaamonde, Xosé Lois Romero, Hermenegildo Fernández, Iván Area, Ricardo Santos, Álvaro Novegil, Iván Costa, José Presedo, Pepe Vaamonde, Pedro Lamas e Edelmiro Fernández).
Publícanse 130 partituras dos autores, con vinte temas gravados por eles no CD.
Todo un tratado na música contemporánea de gaita.

LIBRO + CD
20 x 30. 260 páx. 30,50 €
I.S.B.N.: 84-8289-073-5



SOLO DE GAITA
Xesús Vaamonde Manteiga


Logo da súa participación na obra multimedia Doce Polainas Enteiras, dalgún xeito precedente desta que presentamos, en Solo de Gaita, Xesús Vaamonde preséntanos unha antoloxía das súas composicións, publicando numerosas partituras e facendo os comentarios que o levaron a crealas no seu día. Alén diso entréganos, nun CD que se acompaña co libro, a gravación de catorce das pezas, acompañadas dunha clara guía de audición.

LIBRO + CD
20 x 30. 260 páx. 27,00 €
I.S.B.N.: 84-8289-105-7


as coleccións de multimedia
     
 

Multimedia
Grandes obras que inclúen libros de partituras, guías de audición e discos compactos con pezas de música galega interpretadas polos máis afamados músicos.

Contamoconto
Multimedia para os nenos. Novidosa colección de oito clásicos da literatura universal (Irmáns Grimm, Charles Perrault, Madamme Beaumont, Rudyard Kipling…) editados en libros de grande formato e ilustrados a toda cor. Cada libro inclúe unha casete, de aproximadamente 30 minutos, coa versión dese conto musicado e dramatizado polas voces dos mellores actores e actrices do noso país.

 
 
 
 
 
– © Edicións do Cumio. Reservados todos os dereitos. –
   
DICCIONARIOS ENSINO LECTURAS CONTOS E XOGOS MULTIMEDIA GUÍAS CARTOGRAFÍA MÚSICA