Edicións do Cumio.Lecturas.Mitos e Tradicións
logo de Cumio edicións do Cumio

 Mitos e Tradicións   c o l e c c i ó n


LOBOS, LOBAS E LOBISHOMES.
Xosé Ramón Mariño Ferro


O lobo é un personaxes máis destacados na literatura popular galega, un personaxe rico e complexo. Protagoniza historias nas que se nos presenta como un animal feroz; outras nas que dá nome a mulleres extraordinarias como Pepa a Loba ou a Raíña Lupa. Son historias que interesan non tanto polo que din do Canis Lupus, como polo que nos din da sociedade que as relata con emoción e entusiasmo.

12 x 19. 128 páx. 9,50 € (segunda edición)
I.S.B.N.: 84-8289-011-5



APARICIÓNS E SANTA COMPAÑA.
Xosé Ramón Mariño Ferro


Na literatura popular galega son abundantísimas as historias de aparecidos e da Santa Compaña. Historias que o autor xulga como creación cultural estimable que permite, entre outras cousas, mitiga-la angustia ante a morte, tranmitir normas básicas para a convivencia e reforza-las relacións sociais. E por suposto, como tema literario, conta con tódolos ingredientes para interesar e emocionar ós oíntes e os lectores.

12 x 19. 128 páx. 9,50 € (segunda edición)
I.S.B.N.: 84-8289-010-7



CONTOS MARABILLOSOS.
Xosé Ramón Mariño Ferro


A tradición galega posúe unha rica colección de contos fantásticos que nada ten que envexar á de Perrault e a dos Grimm se non é por chegar con máis de cen anos de retraso. Algúns dos presentes neste volume, como Brancaflor e o cabalo Buligán, son dunha beleza extraordinaria.

12 x 19. 120 páx. 9,50 € (segunda edición)
I.S.B.N.: 84-8289-035-2



O DEMO E O TRASNO.
Xosé Ramón Mariño Ferro


O autor recolle neste volume as historias que aínda se contan no noso país sobre o demo e descóbrenos por que ten cornos, luz nos ollos, pelo sucio, membros de ferro, cheiro a xofre, etc. Recolle tamén historias de persoas posuídas polo Demo e como debemos entendelas.

12 x 19. 136 páx. 9,50 €
I.S.B.N.: 84-8289-036-0



SERPES E DRAGÓNS.
Xosé Ramón Mariño Ferro


A serpe é un dos animais dotados de maior riqueza simbólica, e tamén dos menos comprendidos, e se lle engadimos o seu parente, o dragón, estamos sen dúbida, diante dunha das figuras máis destacadas da tradición galega e europea.

12 x 19. 96 páx. 9,50 €
I.S.B.N.: 84-8289-061-1



CONTOS DE HOMES E DE MULLERES.
Xosé Ramón Mariño Ferro


Na galicia campesiña o enfrontamento real entre homes e mulleres encontra eco nos refráns, nos contos, no parrafeo, nos desafíos, nos xoves de compadres e comadres, en múltipples xogos e incluso ba concepción do Ben e o Mal.

12 x 19. 144 páx. 9,50 €
I.S.B.N.: 84-8289-084-0

as coleccións de lectura
     
 

A Curuxa
Libros recomendados para o segundo e terceiro ciclo da Educación Primaria, textos ilustrados para os lectores máis novos.

Gaivota
Textos narrativos seleccionados especialmente para os esdudiantes da Educación Secundaria Obrigatoria.

Narrativa
Literatura xuvenil e para adultos en textos escolleitos dos máis interesantes escritores e escritoras.

Cómplice
Colección de relato fantástico e policial que xunta o máis interesante do xénero publicado en lingua galega.

Criterio
Ensaio sobre a obra e a biografía dos máis relevantes autores e títulos da nosa literatura.

Ensaio
Quer a literatura quer a lingua teñen nesta serie o seu tratamento específico, riguroso e ameno.

Escolmas
Unha nova colección de antoloxías poéticas dos grandes autores e autoras de Galicia.

Documenta
Textos de información sobre os máis interesantes temas de interese xeral.

Biografías Históricas
Nas que o biografiado é o fío conductor do periplo vital e histórico de toda unha época e actividade.

Etnografía
Cultura popular, tradicións, costumes... A Galicia tradicional nos seus estudios.

Mitos e Tradicións
Narracións chegadas a nós pola transmisión oral de ducias de xeneracións, recolleitas e fixadas para sérenlle contadas ás vindeiras.

Cociña
As mellores receitas dun dos grandes da gastronomía galega: Paco Feixó.

Textos Internacionais
Cadernos de enorme interese na análise e documentación dos puntos quentes do planeta, feitos, e realizados para pensar no mundo desde nós mesmos.

O Fardel
Un lugar de encontro entre diversas disciplinas que non deben quedar isoladas.

Fotografía
Libros en gran formato con fotografías de gran calidade sobre os aspectos máis relevantes do país.

 
 
 
 
 
– © Edicións do Cumio. Reservados todos os dereitos. –
   
DICCIONARIOS ENSINO LECTURAS CONTOS E XOGOS MULTIMEDIA GUÍAS CARTOGRAFÍA MÚSICA