Edicións do Cumio.Cartografía
logo de Cumio edicións do Cumio

 Cartografía   c o l e c c i ó n
   
>
MAPAS DE GALICIA
>
MAPAS PROVINCIAIS DE GALICIA
>
MAPAS DE TERRITORIOS NATURAIS
>
MAPA DO CAMIÑO DE SANTIAGO
>
PLANOS DAS PRINCIPAIS CIDADES GALEGAS
>
ATLAS DE GALICIA E DO MUNDO
>
MAPAS MUDOS FÍSICOS E POLÍTICOS

Mapas de Galicia


MAPA DE GALICIA.
Actualizado ano 2006-7

Cores correspondentes ás distintas alturas. Núcleos de poboación clasificados por número de habitantes. Límites nacionais, autonómicos, provinciais e municipais. Autoestrada, autovías, estradas estatais, autonómicas, provinciais e pistas. Distancias quilométricas parciais.

Escala: 1:250.000. 5,75 €
I.S.B.N.: 84-8289-256-8



MAPA COMARCAL DE GALICIA.
Actualizado

Este mapa abrangue a totalidade das comarcas de Galicia, coloridas e completadas cos seus concellos e as capitais dos mesmos. Ademáis inclúe as principais vías de comunicación, os ríos e as rías, as lagoas, os encoros, as illas, as praias, as enseadas… Tamén incorpora un amplo gráfico, por comarcas e concellos, cos datos de poboación, superficie, densidade de poboación, entidades de poboamento…

Escala: 1:375.000. 4,75 €
I.S.B.N.: 84-8289-152-9


Mapas provinciais de Galicia
   
  Mapas das 4 provincias, a escalas meirandes que o Mapa de Galicia, para unha mellor lectura e comodidade.


MAPA DA PROVINCIA DA CORUÑA.
Escala: 1:215.000. 4,25€
I.S.B.N.: 84-8289-215-0

MAPA DA PROVINCIA DE LUGO.
Escala: 1:235.000. 4,00 €
I.S.B.N.: 84-8289-098-0

MAPA DA PROVINCIA DE OURENSE.
Escala: 1:200.000. 4,00 €
I.S.B.N.: 84-8289-216-9

MAPA DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA.
Escala: 1:125.000. 4,00 €
I.S.B.N.: 84-8289-100-6


Mapas de territorios naturais

VER GUÍA ANCARES

MAPA DA SERRA DOS ANCARES.

Mapa da gran serra oriental galaico-leonesa, que abrangue a parte galega (Becerreá, Cervantes, Navia de Suarna, Pedrafita, As Nogais), a parte leonesa (Peranzanes, Candín, Vega de Espinareda, Villafranca del Bierzo, Balboa) e o sur asturiano (Ibias e Degaña). Contén os núcleos de poboación, vilas abandonadas, tódalas vías de comunicación, pistas forestais, pasos de montaña, camiños e sendas, cumios, ríos e regatos, iconografía turística, etc. Un mapa para disfrutar percorrendo a alta montaña galaico-leonesa.

Escala: 1:50.000. 7,00 €
I.S.B.N.: 84-8289-117-0


VER GUÍA COUREL

MAPA DA SERRA DO COUREL.

Mapa desta serra oriental, que abrangue a parte galega (Samos, O Incio, A Pobra de Brollón, Quiroga, Folgoso do Courel, Pedrafita do Cebreiro, Vilamartín de Valdeorras, O Barco de Valdeorras, Rubiá) e a parte leonesa (Balboa, Villafranca do Bierzo, Trabadelo, Vega de Valcarce, Barjas, Oencia, Sobrado, Carucedo). Contén os núcleos de poboación, tódalas vías de comunicación, pistas forestais, pasos de montaña, camiños e sendas, cumios, ríos e regatos, iconografía turística (casas rurais, castros, necrópoles, miradoiros, covas, pazos…), etc.

Escala: 1:50.000. 7,00 €
I.S.B.N.: 84-8289-158-8



VER GUÍA CORRUBEDO

MAPA DA PENÍNSULA DO BARBANZA.

COMPLEXO HÚMIDO DE CORRUBEDO, ZONA NATURA 2000. Abrangue gran parte da península do Barbanza (do Castro de Baroña á Pobra do Caramiñal), un dos lugares de Galicia con máis espacios naturais protexidos. Inclúe o Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas do Carregal e Vixán, as Lagoas de Xuño e San Pedro de Muro, as illas de Sálvora e as Sagres, o Sitio Natural de Interese Nacional da Curotiña (Ribeira, Porto do Son, A Pobra do Caramiñal e a serra de Boiro). Contén os núcleos de poboación, vías de comunicación, pistas forestais, camiños e sendas, cumios, ríos e regatos, iconografía turística (casas rurais, castros, dolmens, miradoiros, cruceiros, curros, cámpings, igrexas, pazos…), etc.

Escala: 1:32.000. 6,50 €
I.S.B.N.: 84-8289-217-7




MAPA DAS RÍAS GALEGAS.

Mapa detallado de estradas da costa galega dende Ribadeo ata Tui, con cores correspondentes ás distintas cotas de altura, autovías, estradas, pistas e demais vías de comunicación. Distancias quilométricas parciais. Núcleos de poboación segundo o número de habitantes, etc.

Escala: 1:250.000. 4,50 €
I.S.B.N.: 84-8289-001-8


Mapa do camiño de Santiago


MAPA DEL CAMINO DE SANTIAGO.

Cores correspondentes ás diferentes alturas, núcleos de poboación, ermidas, mosteiros, castelos, albergues, campings, aeroportos, autoestradas, autovías, estradas, camiños de ferro, portos de montaña, e todos os puntos de interese para facer o camiño de Santiago, andando, ou motorizado.

Escala: 1:1.100.000. 4,00 €
I.S.B.N.: 84-8289-075-1


Planos das cidades galegas


PLANO DE PONTEVEDRA.
I.S.B.N.: 84-8289-055-7 / 3,00 €

PLANO DA CORUÑA.
I.S.B.N.: 84-8289-040-9 / 3,00 €

PLANO DE LUGO.
I.S.B.N.: 84-8289-038-7 / 3,00 €

PLANO DE SANTIAGO.
I.S.B.N.: 84-8289-039-5 / 3,00 €

PLANO DE VIGO.
I.S.B.N.: 84-8289-041-7 / 3,00 €

PLANO DE OURENSE.
I.S.B.N.: 84-8289-037-9 / 3,00 €

PLANO DE FERROL.
I.S.B.N.: 84-8289-054-9 / 3,00 €


Atlas de Galicia e do Mundo


ATLAS XEOGRÁFICO CUMIO
DE GALICIA E DO MUNDO.


Edicións do Cumio presenta a segunda edición do Atlas Xeográfico, ADAPTADO Á NOVA NORMATIVA 2003. Unha edición revisada e mellorada ao respecto da anterior publicación desta editorial, o Atlas de Galicia e do Mundo de 1996.
A singularidade de Galicia como territorio con personalidade propia, obríganos a facer unha lectura do mundo visto dende nós, partindo do círculo concéntrico máis inmediato e evoluíndo ata o máis distante, en concordancia co que sinalan os currículos vixentes no ensino obrigatorio. Dada a nosa posición xeográfica na Península Ibérica, optamos por tratar este espao físico como tal, sen facer que España ou Portugal tiveran entre elas maior ou menor relevancia e dando a información deste territorio completa, sen os tradicionais aillamentos que prescindían do próximo, presentando o seu tratamento cartográfico no capítulo de Europa.
Completamos a cartografía con gráficas, mapas temáticos, diagramas e unha novidosa presentación da información relativa ao universo e ao mundo, procurando un deseño atractivo e claridade na exposición dos contidos. Do mesmo xeito e pola súa condición de Atlas galego puxemos especial coidado no tratamento da toponimia: os nomes dos lugares do mundo teñen nesta obra un marcado carácter de respecto coa súa propia lingua, sendo introducida a versión en galego, unicamente, cando a tradición deitou un uso frecuente no noso idioma.

25x33. Encuadernado en cartoné
192 páx. 26,00 €
I.S.B.N.: 84-8289-254-1 (segunda edición)


Mapas mudos
físicos e políticos
   
  Mapas en cor, formato folio e A3, en paquetes de 50 unidades.

Galicia Físico
Galicia Político
Galicia Físico- -comarcal
Galicia Político- -comarcal
España Físico
España Político
Asturias Físico
Asturias Político
Euskadi Físico
Euskadi Político
Euskalherria Fis.
Euskalherria Polit.

Castela-León Físico
Castela-León Político
Andalucía Físico
Andalucía Político
Aragón Físico
Aragón Político

Navarra Físico
Navarra Político
Europa Físico
Europa Político
África Físico
África Político
Asia Físico
Asia Político

Norteamérica/América Central Físico
Norteamérica/América Central Político

Sudamérica Físico
Sudamérica Político
Oceanía Físico
Oceanía Político
Planisferio Físico
Planisferio Político
En A3:
Planisferio Físico
Planisferio Político
as coleccións de cartografía
     
  Mapas de Galicia
Os máis modernos e atractivos mapas de estradas, comarcais, con todo tipo de divisións administrativas e iconografía turística.

Mapas Provinciais
Mapas a grande escala das catro provincias galegas. Actualizados cada ano.

Territorios Naturais
Os nosos espacios e territorios naturais co máximo detalle.

Mapa do Camiño de Santiago
O camiño francés dende os Pirineos ata a cidade do Apóstolo.

Planos
Plantas detalladas das cidades galegas con rueiros e información turística.

Atlas de Galicia
Cartografía temática Galega e do resto do Estado e do Mundo, mapas físicos e políticos dos cinco continentes...

Mapas Mudos
Mapas de Galicia, España e o Mundo en tamaño folio e a toda cor en paquetes de 50 unidades. Unha axuda inestimable para as aulas.
 
 
 
 
 
– © Edicións do Cumio. Reservados todos os dereitos. –
   
DICCIONARIOS ENSINO LECTURAS CONTOS E XOGOS MULTIMEDIA GUÍAS CARTOGRAFÍA MÚSICA