Traca-Traco

24 cantigas de nanar, un aloumiño e un arrolo

Libro en de 72 páxinas a toda cor en tapa dura que inclúe CD.

Deliciosa achega poética de Paco Rivas, escritor natural da Mariña lucense.

Libro ideal para pais e nais que queiran aprender sinxelas pero preciosas cantigas para arrolar aos seus pequenos/as; e tamén para docentes da área de música de educación primaria e secundaria, pois achega información para a utilización de instrumentos de orquestra Orff, de Seso Durán.

Interveñen no disco que acompaña ao libro voces como: Maruxa, Tereixa e Carmen (Fuxan os ventos), Antón Castro (Fuxan os ventos e Tundal); Miro Casabella, Najla Shami, Lydia Botana; Ángela Castro, Montse Ogando, Víctor A. Castro (Tambo).

Prólogo de Alonso Montero, presidente da RAG. Ilustracións de Alfonso Otero Regal.

CONTIDO:

— CD audio: 24 cantigas de nanar, un aloumiño e un arrolo

— Pista de datos: Karaokes

Partituras do disco: Arranxos Orff con opción de ver a partichela de cada instrumento co seu son MIDI

Outras versións con karaoke

Aplicación lectora de partituras

Partituras das melodías orixinais en dúas tonalidades



Nota informativa para usuarios do Sistema Operativo Macintosh

Debido a unha incompatibilidade con MuseScore, no cartafol correspondente do CD do libro Traca-Traco, só poden visualizarse 6 dos 11 arranxos Orff nalgunhas versións deste sistema operativo.

Póñanse en contacto a través do correo electrónico xmduran@gmail.com e se lles enviarán o antes posible.

Ilustrador
Colección
Multimedia
Materia
Multimedia
Idioma
  • Galego
EAN
9788482894928
ISBN
978-84-8289-492-8
Páxinas
72
Ancho
22 cm
Alto
22 cm
Edición
1
Data publicación
20-04-2015
Tapa dura
22,00 € Mercar en Imosver

Sobre Paco Rivas

  • Paco Rivas
    Paco Rivas (Cervo, Lugo). Filólogo e escritor, foi profesor de galego, asesor de Lingua e Literatura galegas no CEFOCOP de Pontevedra na década dos noventa e é tamén coñecido polo seu labor no ámbito da radio desde a década dos oitenta (Radio Galega, Radio Cornellá e Radio Foz) e... Ver máis sobre o autor

Libros relacionados