Tambo

,

Tambo é un proxecto multiformato que integra nunha soa obra aspectos musicais, audiovisuais, literarios e de expresión corporal. Naceu dunha actividade dinamizadora da biblioteca escolar do C.E.I.P. do Carballal de Marín na que o alumnado elaborou un relato que anos máis tarde propiciaría unha irmandade co C.E.I.P. A Pedra de Bueu. Presenta unha esencia claramente educativa. Todo o proxecto está tinguido de transversalidade tratando valores como a conservación do medio ambiente ou a discapacidade. Preparádevos para gozar con contos convertidos en canción, cancións mudadas a imaxes e imaxes transformadas en coreografías. Sen dúbida temos ante nós un libro disco para pequechos, maiores e profesionais do ensino que presenta tódolos ingredientes para pasalo ben coas andainas dunha tartaruga ben simpática.

Contén: • 13 contos orixinais ilustrados cun fío común

CD de audio • 13 cantigas en diferentes estilos

DVD • 13 animacións dinámicas 
de Stop Motion con karaoke • 6 coreografías gravadas 
por nenas en exteriores

Ilustrador
Traductor
Colección
Multimedia
Materia
Infantil
Idioma
  • Galego
EAN
9788482894706
ISBN
978-84-8289-470-6
Páxinas
64
Data publicación
02-12-2013
Tapa dura + DVD
22,00 € Mercar en Imosver

Libros relacionados