SANGUE SOBRE A NEVE

Un coñecido industrial aparece asasinado na praia de Alcabre deixando unha cuantiosa débeda. Toni Barreiro, un ex-boxeador que malvive realizando cobros de morosos, é contratado para tentar a recuperación dos cartos. Como resultado das súas pesquisas só consegue pór en perigo a súa propia vida. Pero Toni non é un home que se deixe vencer facilmente. Contará coa axuda de Elvis, un vello e inseparable amigo, e de Patricia, unha muller atractiva, misteriosa. Como fondo, un Vigo portuario e invernal dando cabida aos lances da paixón e o crime.
Colección
Cómplice
Materia
Narrativa
Idioma
  • Galego
EAN
9788482890678
ISBN
978-84-8289-067-8
Data publicación
01-03-2008
Páxinas
112
Ancho
11,5 cm
Alto
18 cm
Rústica con lapelas
11,50 € Mercar en Imosver

Sobre Manuel Forcadela

  • (Tomiño 1958) pertence á xeración de escritores que se dan a coñecer en Galicia coa chegada da década dos 80. O seu interese polo literario ten dado froitos en moi distintos xéneros. Como poeta cabe citar os seus libros Ferida acústica de río (Premio Celso Emilio Ferreiro, 1980),... Ver máis sobre o autor

Libros relacionados