O poeta do Miño

Unha homenaxe a Manuel María

Segunda entrega da colección Ao noso xeito que homenaxea, nesta ocasión, a Manuel María, ao que se lle dedica o Día das Letras Galegas de 2016.

O poeta do Miño é un conto inspirado no poema Proclama ós peixes do Miño de Manuel María do poemario O Miño canle de luz e néboa.

Os contos dende as orixes da sociedade sempre serviron como feitos educadores; a historia que contan Enrique Mauricio e Carlos Taboada non é menos, así o amor á natureza, o coñecemento do río Miño e o seu percorrido, a ecoloxía son nocións que os lectores reforzarán nesta máxica obra.

Non sen esquecer, por suposto, o feito literario que zumega deste precioso conto.

Todas as obras se representarán en formato contacontos polos autores, Enrique Mauricio na dramatización e Carlos Taboada como debuxante.

O libro remata cunha divertida ficha didáctica ideal para traballar en familia ou na escola.

Orientado para nenas e nenos de 6 a 12 anos.

Ilustrador
Colección
Ao noso xeito
Materia
Infantil
Idioma
  • Galego
EAN
9788482895130
ISBN
978-84-8289-513-0
Páxinas
48
Ancho
22 cm
Alto
22 cm
Edición
1
Data publicación
18-11-2015
Rústica
9,95 € Mercar en Imosver

Libros relacionados