O esquío rampante

A árbore na que vive a familia Piogalego de Siador está moi enferma. A gata Ágata, que vive moi lonxe, é a única que pode sandala. Cómpre iniciar unha longa viaxe chea de perigos... quen se atreve?

O esquío rampante é un conto que relata as aventuras que lle suceden a Cósimo, da familia Piogalego de Siador, na procura dun remedio sanador para tratar unha doenza do carballo centenario onde reside esta prole de esquíos.

Os contos dende as orixes da sociedade sempre serviron como feitos educadores; a historia que contan Enrique Mauricio e Carlos Taboada non é menos, así a amizade, a solidariedade, o amor á natureza, o coñecemento das árbores e plantas son valores que os lectores reforzarán nesta máxica obra.

Homenaxeando a Italo Calvino co seu Barón Rampante, os autores como contadores de contos comezan con esta obra o que vai ser unha interesante colección de inspiración literaria, pois grandes personaxes históricos como o Mestre Mateo ou senlleiros literatos como Federico García Lorca, Blanco Amor, Xulio Verne, Arthur Conan Doyle, Torrente Ballester, Valle-Inclán ou Castelao van ser homenaxeados en sucesivas entregas.

Todas as obras se representarán en formato contacontos polos autores, Enrique Mauricio na dramatización e Carlos Taboada como debuxante.

O libro remata cunha divertida ficha didáctica ideal para traballar en familia ou na escola.

Orientado a nenos de 6 a 12 anos.

Descarga as actividades no apartado de Catálogos PDF desta web (http://www.cumio.com/catalogos/).

Ilustrador
Colección
Ao noso xeito
Materia
Infantil
Idioma
  • Galego
EAN
9788482894935
ISBN
978-84-8289-493-5
Páxinas
76
Ancho
22 cm
Alto
22 cm
Edición
1
Data publicación
18-06-2015
Rústica
9,95 € Mercar en Imosver

Libros relacionados