Nigrán. Memoria dunha Guerra 1936-1939

Este libro recolle a palabra ferida dos que perderon a guerra de 1936, os que padeceron a furia daqueles que xuraran acatar a constitución do goberno republicano. E recolle tamén a voz dos que, nun principio, gozaron da victoria acadada polas tropas sublevadas contra aquel lexítimo goberno. Todos e todas perderon aquela guerra, as súas consecuencias de terror, miseria e silencio chegaron ata hoxe. Pero non é este un libro de vinganzas, trátase de revisar a historia local cunha metodoloxía científica que consiste en ceder a palabra aos que foron os protagonistas dos feitos, sen fuxir da verdade, sen agardar a que a súa desaparición física nos impida para sempre coñecer cal foi a realidade. As palabras dos dous bandos, por unha vez non enfrentados, xunto cos documentos que verifican o acontecido. Pero hai outras voces, a dos que sucumbiron, as vidas tronzadas pola iniquidade e o odio acumulado, aqueles e aquelas que non sobreviviron ao espanto e foron fusilados, paseados, atemorizados ata a morte. Non hai xustiza para eles que poida resarcir tanta desgraza. Fique ao menos o testemuño dos sobrevivintes para que non poidamos nunca esquecer a terrible vergoña de tanta traxedia.

Colección
Documenta
Materia
Documenta
Idioma
  • Galego
EAN
9788482894782
ISBN
978-84-8289-478-2
Data publicación
07-03-2014
Páxinas
452
Ancho
13,5 cm
Alto
20,5 cm
Rústica con lapelas
15,00 € Mercar en Imosver

Libros relacionados