Namoreime en Ons

O amor é un enigma. Non cruza o camiño de todos, pero aos que chegan a ser branco do seu frechazo resúltalles a experiencia máis persoal da vida. Coñecer os namoramentos doutros é interesante.

Namoreime en Ons é un relato de amor que se desenvolve na España dos anos 1960, época de crecente benestar económico e… dun estilo novo de música. Fala dun amor que, por romántico, fai o sentimento botar as raíces profundas que toda relación necesita para ser estable e duradeira.

Colección
Salitre
Materia
Narrativa
Idioma
  • Galego
EAN
9788482895086
ISBN
978-84-8289-508-6
Data publicación
30-07-2015
Páxinas
216
Ancho
14 cm
Alto
20,5 cm
Edición
1
Rústica con lapelas
14,00 € Mercar en Imosver

Sobre Staffan Mörling

  • Herdou do seu avó materno un grande interese polos temas históricos e, da nai, unha notable sensibilidade cara aos idiomas. Mörling fixo a súa carreira académica na Universidade de Lund, na que se licenciou en Latín, Historia da Arte e Antropoloxía. Como antropólogo, documentou a... Ver máis sobre o autor

Reseñas

  • Lin con curiosidade Namoreine en Ons (Edicións do Cumio, 2015), o libro máis recente de Staffan Mörling, o antropólogo sueco, grande especialista na dorna e na súa cultura. Novela autobiográfica ou autobiografía novelada, narra a súa chegada a illa de Ons na década de 1960 cunha bolsa para estudar as embarcacións tradicionais galegas. Xaora, a cerna do relato é a súa romántica historia de amor con Xoana, unha fermosa rapaza da illa, coa que casou e coa que vive en Bueu dende entón. A pesar dunha certa inxenuidade na utilización do punto de vista, o relato é interesante como retrato etnográfico da comunidade humana da illa de Ons hai cincuenta anos, dende a descrición das embarcacións (dorna, galeón e lancha xeiteira) e artes de pesca que entón utilizaban os mariñeiros, pasando pola da propia arquitectura até a recuperación das crenzas e lendas da cultura popular, hoxe desaparecidas, recuperadas pola memoria de Mörling. Unha entrañable testemuña etnográfica deste galego de orixe sueca.

    Brétemas Notas do traballo de edición e algunhas outras anotacións. Blog de Manuel Bragado Rodríguez. Vigo. Galicia