José Fernández Canosa “O ghaiteiro do Piñeiro”

,

Engádese á colección Os nosos Gaiteiros este volume dedicado a José Fernández Canosa, "O ghaiteiro do Piñeiro", músico da parroquia canguesa de Aldán. El foi un dos fundadores do lendario grupo Airiños do Piñeiro, á marxe de participar como gaiteiro en cuartetos do Morrazo como os Airiños do Mar do Hío, os Airiños do Castelo ou os Airiños do Liboeiro. Pero un dos labores máis destacables de José é o mantemento da tradición dos Cantos de Reis e as Dansas de Carnaval que se conservan na parroquia, tradición que ten tamén representación neste disco. Na gravación deste traballo interveñen xunto con José outros músicos populares que, con el, manteñen aínda vivos os xéneros populares característicos do Nadal e do Entroido.

Colección
Os Nosos Gaiteiros
Materia
Os Nosos Gaiteiros
Idioma
  • Galego
EAN
8482890002142
Páxinas
12
Data publicación
01-02-2010
Estoxo estándar CD
4,95 € Mercar en Imosver

Libros relacionados