Historia de Galicia

A novidade que ofrece este libro é a alusión á formación da Terra e como nese primeiro gran continente, Panxea, comprobamos que Galicia estaba situada no mesmo centro. A información xeolóxica e biolóxica non é a habitual nos libros de historia, como tampouco é citar a existencia de dinosauros e, máis adiante, das primeiras poblacións de Neanderthais e Homo Sapiens. Este volume revisa e actualiza datos históricos de relevancia. Unha historia de Galicia que chega ata o presente.

Na presente edición da Historia de Galicia, o lector poderá atopar as claves que outorgan a este pequeno recuncho de Europa Occidental, a categoría de nación. Debúllase polo miúdo a súa formación, os seus sucesivos poboadores, o seu esplendor, o seu declive e o seu reverdecer. Analízase o país desde un punto de vista real, chegando a inferir que este maravilloso pulmón verde, bañado polo Atlántico e vertebrado por infinidade de veas cargadas de auga pura, precisa ser despexado para poder xerar riqueza. Logo dunha longa e negra travesía, os movementos culturais e socio-políticos do século XX, permítenos agardar un futuro alentador para unha terra con enorme potencial económico, turístico e cultural.

Voando sobre o país, traballando por el adiante, gozando da súa gastronomía, mergullándose nas súas praias, chimpándose nos seus ríos, bebendo das súas fontes, perdéndose nas súas carballeiras, choutando nas súas festas… se mire por onde se mire, Galicia é un espectáculo; só cómpre mimar certos matices, para converter esta terra nun referente mundial, e iso é o que se trata de amosar neste libro.

Colección
Ensino
Materia
Ensino
Idioma
  • Galego
EAN
9788482894911
ISBN
978-84-8289-491-1
Data publicación
24-04-2015
Páxinas
328
Ancho
17 cm
Alto
24,5 cm
Edición
1
Rústica con lapelas
24,95 € Mercar en Imosver

Sobre David Pérez López

  • David Pérez López
    Licenciouse en Historia na Facultade de Humanidades de Ourense, onde realizou a tesina de doutoramento no programa Neolítico e Calcolítico na Prehistoria Recente Europea; logo especializouse en Avaliación e Xestión do Patrimonio Cultural e Arqueoloxía da Paisaxe na Universidade d... Ver máis sobre o autor