DICIONARIO CUMIO DA LINGUA GALEGA

Dicionario da lingua galega na normativa oficial vixente. Contén máis de duascentas mil definicións completas. Achega información etimolóxica discriminada para máis de trinta e cinco mil entradas, estranxeirismos e latinismos, termos científicos, técnicos e novas entradas do léxico específico de áreas de interese recente, entre as que destacan a estatística, a mercadotecnia, a informática, Internet e a xenética. Introduce xentilicios galegos e internacionais e termos de tribos, etnias e pobos do mundo. Remisións de sinonimia e antonimia, xunto a confrontacións terminolóxicas. Inclúe tamén entradas falsas, axuda necesaria en tempos de transición normativa. Entradas 44.000/ Acepcións: 80.000 / Definicións: 200.000
Colección
Dicionarios Cumio: Monolingües da Lingua Galega
Materia
Monolingüe
Idioma
  • Galego
EAN
9788482893051
ISBN
978-84-8289-305-1
Páxinas
896
Ancho
19,5 cm
Alto
27,5 cm
Data publicación
01-09-2004
Tapa dura
34,00 € Mercar en Imosver