De punta a chicote

Así falan os mariñaos

Segunda entrega da recentemente estreada colección Salitre de Cumio.

Unha extraordinaria obra de consulta, excelente contribución á lexicografía (e á etnografía) mariñeira, onde atopará, clasificadas por orde alfabética, preto de 3.500 entradas froito de moitos anos de recollida de material a pé do porto (ou nas chabolas mariñeiras mentres se reparan as redes rotas ou se arman novos aparellos, como tantas veces fixo Paco Rivas).

De punta a chicote. Así falan os mariñaos, que é esencialmente un dicionario de fraseoloxía, ten o seu complemento noutra obra que proximamente verá a luz: Entre o abalo e a zaranda. Léxico do mar

Colección
Salitre
Materia
Documenta
Idioma
  • Galego
EAN
9788482895093
ISBN
978-84-8289-509-3
Páxinas
268
Ancho
13,4 cm
Alto
21 cm
Edición
1
Data publicación
30-07-2015
Rústica con lapelas
14,50 € Mercar en Imosver

Sobre Paco Rivas

  • Paco Rivas
    Paco Rivas (Cervo, Lugo). Filólogo e escritor, foi profesor de galego, asesor de Lingua e Literatura galegas no CEFOCOP de Pontevedra na década dos noventa e é tamén coñecido polo seu labor no ámbito da radio desde a década dos oitenta (Radio Galega, Radio Cornellá e Radio Foz) e... Ver máis sobre o autor

Libros relacionados