Como ser reintegracionista sen que a familia saiba

O manual que te axudará a mellorar o galego e a confluír co portugués sen necesidade de mudares a ortografía. As principais diverxencias sintácticas dos textos galegos que circulan por aí poderían resolverse dentro das duplas escollas ofrecidas pola normativa oficial. Ora ben, para aplicar as opcións converxentes non basta consultar as gramáticas e os dicionarios galegos, tamén é preciso coñecer o portugués moderno, o cal non está por agora ao alcance da maioría das persoas. Con este libro poderás distinguir o que vai ao encontro do portugués e o que non dentro das múltiplas posibilidades que ofrece o modelo de galego que xa coñeces. 28 unidades morfosintácticas. 2 unidades lexicais. 75 exercicios moi prácticos. Prólogo de Xosé Ramón Freixeiro Mato.

Ilustrador
Traductor
Colección
Ensino: Manuais e métodos
Materia
Ensino
Idioma
  • Galego
EAN
9788482894713
ISBN
978-84-8289-471-3
Data publicación
02-12-2013
Páxinas
248
Ancho
22 cm
Alto
26 cm
Rústica con lapelas
14,95 € Mercar en Imosver

Booktrailer