Cogomelos de Galicia e do Noroeste Peninsular

, ,

Cogomelos de Galicia e do noroeste peninsular é unha publicación en que se describen os cincocentos cogomelos máis representativos do noroeste da Península Ibérica e quere servir de instrumento para todos aqueles que desexan achegarse á micoloxía ou para os estudosos que pretenden coñecer algo máis das especies que medran nos nosos bosques. A intención dos autores é conseguir que esta obra sexa unha guía de consulta eminentemente práctica. Así, o contido da obra está baseado nas especies que medran espontáneas nos bosques de Galicia e o noroeste peninsular, facendo un percorrido pola maioría dos ecosistemas que podemos atopar, desde os prados e bosques autóctonos ata as plantacións de especies foráneas, desde os sistemas dunares ata a alta montaña, desde as especies saprófitas ás micorrícicas e as parasitas, sen esquecer hábitats específicos. Con esta variedade podemos asegurar que están representadas a maioría das especies comestibles e as tóxicas e velenosas máis frecuentes. Os textos van acompañados de seiscentas fotografías a toda cor, realizadas no hábitat particular de cada especie, que engaden unha serie de datos ecolóxicos importantes ao elixir os exemplares máis representativos e colocalos de xeito que se aprecien os seus trazos máis característicos. Os autores desta obra teñen publicada unha segunda parte que describe outras cincocentas especies e cuxo título é 500 cogomelos do litoral atlántico e noroeste peninsular.

Colección
Guías Cumio
Materia
Guías
Idioma
  • Galego
EAN
9788482894645
ISBN
978-84-8289-464-5
Páxinas
616
Ancho
15 cm
Alto
22 cm
Data publicación
01-11-2013
Rústica con lapelas
35,00 € Mercar en Imosver

Sobre J. M. C. Marcote

  • J. M. C. Marcote
    Natural de Cee (A Coruña), tItulado en Ciencias Químicas e Farmacia, de profesión óptico. Ven cultivando a súa afeción á micoloxía dende moi novo e na actualidade colabora en diversas publicacións e imparte cursos e charlas sobre o tema por toda a xeografía galega. É autor da GUÍ... Ver máis sobre o autor

Sobre M. Pose

  • M. Pose
    Natural de Camelle (A Coruña), empregado da banca. Ademáis de ser un estudoso da micoloxía, con predilección polos Ascomycetes de pequeno tamaño, tamén o é da botánica e da astronomía, colaborando en diversas publicacións. Ver máis sobre o autor

Sobre J. M. Traba

  • J. M. Traba
    Natural de Fisterra (A Coruña), titulado en Química. É un gran promotor do asociacionismo micolóxico e na actualidade colabora en diversas publicacións e imparte cursos e charlas sobre o tema por toda a xeografía galega. É coautor da GUÍA DE SETAS DE FISTERRA. Ver máis sobre o autor

Libros relacionados