Aurelio Aguirre (1833-1858) y otros

Aurelio Aguirre (1833-1858) y otros é o título dun novo libro da escritora lucense Lucía García Vega. Unha vez máis, Edicións do Cumio aposta polo rescate e a difusión dunha gran figura galega. Ademais de aportar datos inéditos sobre o admirado poeta compostelán e un dos promotores do simbólico banquete de Conxo (1856), esta investigadora reúne, entre outras cousas, un número importante de textos dedicados a Aurelio Aguirre, en prosa e tamén en verso, polas principais voces da intelectualidade galega e foránea da segunda metade do século XIX e a primeira do XX. Os irmáns Francisco e Antonio de la Iglesia, Manuel Murguía, Alfredo Vicenti, Valentín Lamas Carvajal, Rosalía de Castro, Eduardo Pondal, José López de la Vega, Manuel del Palacio, Antonio Villar Ponte, Emilia Pardo Bazán, e un longo etcétera ata completar a variada nómina de corenta e sete suxeitos dos máis diversos ámbitos. Así mesmo o libro contén un prólogo de excepción, elaborado polo maxistrado da Sala 1ª do Tribunal Supremo de Madrid, don José Antonio Seijas Quintana, descendente de Aurelio Aguirre.

Colección
Documenta
Materia
Documenta
Idioma
  • Castellano
EAN
9788482894881
ISBN
978-84-8289-488-1
Páxinas
364
Ancho
14 cm
Alto
20,5 cm
Edición
1
Data publicación
09-02-2015
Rústica con lapelas
18,00 € Mercar en Imosver

Sobre Lucía García Vega

  • Lucía García Vega
    Lucía García Vega (Lugo, 1974) é licenciada en Humanidades e doutora cum laude en Filoloxía Románica pola Universidade Complutense. Iniciouse na investigación cun estudo sobre as obras dramáticas do escritor francés Paul Claudel (1868-1955), presentado como tesiña en 1999 e polo ... Ver máis sobre o autor

Libros relacionados