Atlas Xeográfico e Histórico de Galicia e do Mundo

Edicións do Cumio presenta o Atlas Xeográfico e Histórico de Galicia e do Mundo. Esta edición actualizada recolle os cambios xeopolíticos acontecidos nos últimos anos, así como as novas infraestruturas.

Máis de 200 páxinas a toda cor; inclúe numerosos mapas físicos, políticos, históricos e temáticos, así como fotografías, gráficas e diagramas. A información está renovada conforme ás referenias achegadas, e permite interpretar os datos no seu contexto. Un traballo de grande utilidade para o estudantado e profesorado, que combina o rigor científico cunha redacción de fácil comprensión, e que conta ademais cun atractivo deseño que facilita o seu manexo.

Información completa sobre o Universo, o planeta Terra, Galicia, a península Ibérica, Europa, África, Asia, América, Oceanía e as rexións polares.

Colección
Fóra de colección
Materia
Ensino
Idioma
  • Galego
EAN
9788482895208
ISBN
978-84-8289-520-8
Data publicación
20-06-2016
Páxinas
224
Ancho
25 cm
Alto
33 cm
Tapa dura
25,00 € Mercar en Imosver

Libros relacionados