Atlas xeográfico e histórico de Galicia e do mundo

Edicións do Cumio presenta a segunda edición do Atlas Xeográfico, ADAPTADO Á NOVA NORMATIVA 2003. Unha edición revisada e mellorada ao respecto da anterior publicación desta editorial, o Atlas de Galicia e do Mundo de 1996. A singularidade de Galicia como territorio con personalidade propia, obríganos a facer unha lectura do mundo visto dende nós, partindo do círculo concéntrico máis inmediato e evoluíndo ata o máis distante, en concordancia co que sinalan os currículos vixentes no ensino obrigatorio. Dada a nosa posición xeográfica na Península Ibérica, optamos por tratar este espao físico como tal, sen facer que España ou Portugal tiveran entre elas maior ou menor relevancia e dando a información deste territorio completa, sen os tradicionais aillamentos que prescindían do próximo, presentando o seu tratamento cartográfico no capítulo de Europa. Completamos a cartografía con gráficas, mapas temáticos, diagramas e unha novidosa presentación da información relativa ao universo e ao mundo, procurando un deseño atractivo e claridade na exposición dos contidos. Do mesmo xeito e pola súa condición de Atlas galego puxemos especial coidado no tratamento da toponimia: os nomes dos lugares do mundo teñen nesta obra un marcado carácter de respecto coa súa propia lingua, sendo introducida a versión en galego, unicamente, cando a tradición deitou un uso frecuente no noso idioma.

Colección
Cartografía: Atlas
Materia
Atlas
Idioma
  • Galego
EAN
9788482892542
ISBN
978-84-8289-254-2
Páxinas
192
Ancho
25 cm
Alto
33 cm
Data publicación
01-12-2003
Tapa dura
26,00 € Mercar en Imosver

Libros relacionados