Alicia no País das Marabillas

,

Edicións do Cumio recupera este clásico de Lewis Carrol achegándonos, nesta ocasión, unha adaptación da novela orixinal pensada especialmente para os nenos. O libro, editado en gran formato e atoda cor, no que se dá unha importancia esencial ás ilustracións da artista Ana Santiso. “—Que amoladura! Gustábacheme ben saír a xogar a ese xardín! –dixo Alicia mentres deixaba a chave enriba da mesa. E tivo sorte, porque alí mesmo, sobre a mesa, descubriu unha botelliña cunha etiqueta que dicía «Bébeme». Alicia cavilou un anaco se debía bebela ou non. E como dicía «Bébeme» e non dicía «Veleno» nin nada así, finalmente decidiu botarlle un bo grolo. Mmmm… estaba ben bo, que sabía a filloas con azucre, e a orellas de Entroido e a lacón con grelos… e ademais fíxoa encoller e encoller ata que xa cabía pola portiña!!!”
Ilustrador
Traductor
Colección
Infantil
Materia
Infantil
Idioma
  • Galego
EAN
9788482892245
ISBN
978-84-8289-224-5
Páxinas
36
Ancho
23,5 cm
Alto
31 cm
Data publicación
01-05-2010
Tapa dura
9,95 € Mercar en Imosver