Agustín Lorenzo Loroño. O gaiteiro de Catoira (NOVO PREZO!)

A arte de escribir debería ser, inescusablemente, realizada sempre por persoas instruídas e capacitadas para tal fin. Neste caso é un gaiteiro o que se ve na tesitura de poñerse a escribir en torno á vida doutro gaiteiro, polo que debería considerarse –cando menos– un ousado, xa que a responsabilidade que adquire é enorme, non tratándose —ademais— de calquera gaiteiro, senón dun dos que sobresaen; dun que empezou no oficio sendo neno e que tan só a morte foi quen de facelo deixar de tocar. Si, e digo ben a morte porque Agustín Lorenzo Loroño, Agustín o Carabinero, o Gaiteiro de Catoira, deixou este mundo de vivos como el sempre dixo que lle gustaría que fose: tocando a gaita. E así foi: mentres daba as primeiras notas da alborada da festa de San Miguel, o patrón da súa propia vila, a escasos metros da súa casa. Aconteceu o 28 de setembro de 1997, cando contaba a idade de oitenta e sete anos, acompañado polo grupo que el fundara alá polo ano 1928: Brisas do Río Ulla. Vestido de gaiteiro recibiu sepultura ó son das gaitas que compañeiros e admiradores tocaron para despedilo ó xeito do que el era: un gran gaiteiro e unha grande persoa. A importancia que ten a presenza deste gaiteiro na historia da música galega é tal que, de non ter existido, é posi ble que non chegasen a crearse institucións tan emblemáticas como Os Rosales, Os Areeiras, Faíscas de Xiabre ou mesma mente Milladoiro. Todas estas figuras da música, e as conse guintes secuelas, poderían ter máis relación co Gaiteiro de Catoira da que se pode intuír a simple vista.

Colección
Multimedia
Materia
Multimedia
Idioma
  • Galego
EAN
9788482892726
ISBN
978-84-8289-272-6
Páxinas
176
Data publicación
12-04-2009
Tapa dura + DVD
19,95 € Mercar en Imosver