A flor da figueira

É esta unha crónica dun tempo longo, a través das historias familiares e das xentes coas que convive o autor. O relato trascende da xeografía local ou persoal para adentrarse, mediante as personaxes e os imaxinarios reflectidos, nun universo co que calquera lector pode sentirse identificado.

O relator fala do vivido por el, antecesores e contemporáneos a través de diferentes etapas históricas, utilizando recordos propios, fontes orais e fontes documentais acumuladas ao longo do tempo. Esta crónica do cotiá destaca polo protagonismo das personaxes, os feitos achéganse ao lector a través deles, pois son esas persoas sinxelas ou importantes, as vidas dos outros, as flores da figueira, como as define o autor, as que fixeron posible o que se narra. É un relato no que se pretende transmitir que son as persoas as que, coas súas accións e decisións, protagonizan o acontecer social, cultural e político das comunidades ate convertirse en cidadáns conscientes do seu futuro e a realidade que os rodea.

Colección
Narrativa
Materia
Narrativa
Idioma
  • Galego
EAN
9788482895154
ISBN
978-84-8289-515-4
Data publicación
09-12-2015
Páxinas
240
Ancho
13,4 cm
Alto
21 cm
Edición
1
Rústica con lapelas
14,00 € Mercar en Imosver

Sobre Xosé Manuel López Tuñas

  • Mestre e profesor de Ciencias Sociais. Foi presidente da comisión xestora da Asociación Cultural Afonso Eáns e membro da xunta directiva da Asociación de Veciños Tambre. Alcalde de Negreira 1983-1995. Deputado provincial, presidente do Padroado do Colexio de Xordos de Galicia e m... Ver máis sobre o autor

Reseñas

  • Decía John Cheever que “la literatura es una fuerza de la memoria que aún no hemos comprendido del todo”. Es precisamente esa fuerza la que, capítulo a capítulo, me ha mantenido absolutamente subyugado a los recuerdos, las reflexiones y las bellas y duras historias que el profesor Xosé Manuel López Tuñas narra con gran hondura y decidido pulso literario en A flor da figueira (Edicións do cumio, 2015).

    Fernando Ontañón. Diario digital Nueva Tribuna