Edicións do Cumio.Lecturas.Gaivota
logo de Cumio edicións do Cumio

 Gaivota   c o l e c c i ó n
   
>
RECOMENDADOS PARA O PRIMEIRO CICLO DA ESO
>
RECOMENDADOS PARA O SEGUNDO CICLO DA ESO

 Recomendados para o
 primeiro ciclo da ESO

DA TERRA Á LÚA.
Jules Verne. Trad. Valentín Arias


A fabulosa imaxinación do autor mete nun proxectil a tres tripulantes -Barbicane, Nicholl e M. Ardane- impulsados por un canón xigante, diríxense cara á lúa, con cen anos de adianto sobre o satélite Vosjod I.

13,5 x 19. 232 páx. 9,00 € (segunda edición)
I.S.B.N.: 84-87126-00-6



O PIRATA KERNOK.
Eugène Sue. Trad. Carme Ruibal - Xosé Mª Lema


O autor conta a historia real dun pirata, fuxindo das artificiais idealizacións que destes personaxes fixeran novelistas de épocas anteriores.

13,5 x 19. 112 páx. 7,00 €
I.S.B.N.: 84-87126-02-2



CHARLIE E A FÁBRICA DE CHOCOLATE.
Roald Dahl. Trad. Alberto Avendaño


A Charlie o que máis lle gustaba no mundo era o chocolate. E precisamente na fábrica de chocolate do Sr. Wonka vai vivir a máis extraordinaria aventura que xamais puido soñar.

13,5 x 19. 168 páx. 9,50 € (quinta edición)
I.S.B.N.: 84-87126-04-9



CHARLIE E O GRANDE ASCENSOR DE CRISTAL.
Roald Dahl. Trad. X.M. Dasilva e X.M. Cuervo


Charlie, os seus pais, os seus avós e mailo Sr. Wonka viaxan polo espacio nun singular medio de transporte: un grande ascensor de cristal, no que viven unha apaixonante aventura.

13,5 x 19. 160 páx. 9,50 € (terceira edición)
I.S.B.N.: 84-87126-03-0



ESTRELA NEGRA E MENCER BRILLANTE.
Scott O'Dell. Trad. Abel López


O autor fai a presentación dunha rapaza esquimó no marco dun entorno ben coñecido para nós: a aldea e, dentro desta, a familia como núcleo compacto de axuda e traballo, no que é destacable o fondo respeto entre os seus membros.

13,5 x 19. 128 páx. 9,00 €
I.S.B.N.: 84-87126-22-7



IAGO E O PEXEGO XIGANTE.
Roald Dahl. Trad. Alberto Avendaño


Iago vivía coas súas tías, dúas mulleres vellas e feas que lle facían a vida imposible. Un día apareceúselle un velliño que lle deu unha bolsa de había cambia-la súa vida. Alí empeza a grande aventura.

13,5 x 19. 144 páx. 8,50 €
I.S.B.N.: 84-87126-25-1



O PEIXOTO.
Manoel Riveiro Loureiro


Un verdadeiro achádego de humor fresco e natural, que arrequece con toques de manifesta orixinalidade un relato interesante e amable.

13,5 x 19. 96 páx. 8,50 €.
I.S.B.N.: 84-87126-38-3



O TRASNO MIXIRICAS.
Efrén Vázquez


Como sabedes, os trasnos son uns personaxes dispostos a facer das súas tan axiña como se lle presente a ocasión. Aquí temos a Mixiricas, que cun incrible prodixio de imaxinación e agudeza, lévanos sen sentir, a brincos de valmonte, por cada unha das sete provincias do Reino de Galicia, por unha terra, a nosa, chea de misterios, enigmas e sorpresas

13,5 x 19. 128 páx. 7,50 €
I.S.B.N.: 84-87126-84-7



VIAXE Á TERRA NEGRA DOS PANCOS.
Milagros Oya Martínez


Orixinal e fantástica historia sobre un personaxe especial, un CHOU, un elementiño que nos recorda a un Gnomo, que ven na procura de Xurxo para que lle axude a salvar ós seus irmáns do terrible mundo dos Pancos. Frases máxicas, mundos estraños, portas enigmáticas, labirintos, etc. que converten ó libro nun mundo de fantasía para os pequenos.

13,5 x 19. 96 páx. 7,50 €
I.S.B.N.: 84-8289-009-3



Recomendados para o
segundo ciclo da ESO

UNHA BOLSA DE CANICAS.
Joseph Joffo. Trad. X. Carlos Álvarez Quintero


A diferencia doutras narracións históricas, ten unha característica fundamental, que achega ós xóvenes que non coñeceron a guerra e a posguerra: está narrada por un rapaz.

13,5 x 19. 256 páx. 11,00 € (sexta edición)
I.S.B.N.: 84-87126-01-4



ARTUSA.
Lois Diéguez


Artusa confundiuse coas augas do Pozo Mouro nun 25 de Xullo. Desde aquela, cada ano sae do seu centro coroada de ouro e canta unha cantiga que só entenderemos se coñecemos a súa historia.

13,5 x 19. 128 páx. 8,50 €
I.S.B.N.: 84-87126-05-7



OUTRA VOLTA Á TORNIQUETA.
Henry James. Trad. M.A. Laxe Freire


A historia empeza coa chegada dunha institutriz a unha mansión de Inglaterra para facerse cargo da educación de dous rapaces: Miles e Flora. O final da historia deixa un interrogante indefinible.

13,5 x 19. 176 páx. 9,50 €
I.S.B.N.: 84-87126-06-5



A VENUS DE ILLE.
Prosper Merimé. Trad. Carlos Pedreira e Raquel Villanueva


A Venus de Ille e As Ánimas do Purgatorio son os dous relatos que contén este libro, narrados con orixinalidade, precisión no ritmo narrativo e con indiscutible carácter de realidade.

13,5 x 19. 120 páx. 8,50 €
I.S.B.N.: 84-87126-08-1



CALACÚS CON CHOCOLATE.
Stéphanie. Trad. M.A. Santamarina, R. Villanueva e L.F. Bugarín


Este libro é unha verdadeira sorpresa literaria. Unha rapaza de catorce anos narra algúns meses da súa vida e a crise pola que atravesa. Descobre a inxustiza, a beleza, a soidade, o amor. Un relato irresistible pola súa comicidade e polo seu patetismo.

13,5 x 19. 192 páx. 10,50 € (cuarta edición)
I.S.B.N.: 84-87126-21-9



O TREVO DE CATRO FOLLAS.
X. L. Laredo Verdejo


A incompresión entre pais e fillos, o amor platónico por certo profesor/a, a fuxida do fogar, a autosufuciencia, o sentirse distinto dos demais, os inevitables desafogos sentimentais, e a fantasía da illa deserta, transforma en ficción literaria a vida dos rapaces: ELA e EL.

13,5 x 19. 112 páx. 9,00 € (terceira edición)
I.S.B.N.: 84-87126-40-5



O CAN QUE VÍU A DEUS.
Dino Buzzati. Trad. Xabier R. Baixeras


Este libro bríndanos a ocasión de achegarnos ao mundo orixinal que o escritor italiano reflecte nun conxunto de quince contos, onde as características do seu estilo revélanse como auténticos clásicos.

13,5 x 19. 168 páx. 9,50 €
I.S.B.N.: 84-87126-57-X



A CIDADE DO VENTO.
I. Pellicer - X. M. Martínez Oca


Na cidade do vento, barco de pedra que desafía o mar e penetra como un navío no océano, está o Muro, o porto pesqueiro da cidade. Este barrio, onde se vive o trafego mariñeiro, está tamén cheo de historias como as que se contan neste interesante libro.

13,5 x 19. 96 páx. 8,50 €
I.S.B.N.: 84-87126-56-1



MORRE UNHA VIDA, QUEBRA UN AMOR.
Joan Pla. Trad. Luz Alonso


A través da historia de Maria e Sergi, esta novela é un paseo sentimental por unha época recente e autoritaria, e por un pais rural e apaixonado. Recordos, amor, represións... e a morte.

13,5 x 19. 176 páx. 10,50 € (segunda edición)
I.S.B.N.: 84-87126-74-X



O RAPTO DE ESTEFANÍA.
Xosé L. Laredo Verdejo


Realidade e fantasía, dúas constantes do mundo xuvenil, mestúranse e combínanse nestes catro novos relatos, nos que rapazas e rapaces viven experiencias únicas que endexamais poderán esquecer.

13,5 x 19. 128 páx. 7,50 €
I.S.B.N.: 84-87126-83-9



NO OUTONO DAS FRAGAS.
Manuel Lourenzo González


Unha historia breve e sinxela, con protagonistas extraídos do repertorio de contos clásicos (fadas, princesas, guerreiros, animais, etc.) e intención levemente exemplarizante. Un conto para nenos ou para adultos.

13,5 x 19. 104 páx. 7,00 €
I.S.B.N.: 84-87126-91-X



A MEIGA DE NAIA E OUTROS RELATOS.
Lois Fernández Marcos


A meiga de Naia é unha serie de relatos ou contos, moi breves os máis deles. Trátase dunha narrativa en certo xeito enganante. Está feita con enredos desenvolvidos con criterio xuvenil basedo en lendas anoradas da tradición galega.

13,5 x 19. 102 páx. 10,00 €
I.S.B.N.: 84-8289-019-0


as coleccións de lectura
     
 

A Curuxa
Libros recomendados para o segundo e terceiro ciclo da Educación Primaria, textos ilustrados para os lectores máis novos.

Gaivota
Textos narrativos seleccionados especialmente para os esdudiantes da Educación Secundaria Obrigatoria.

Narrativa
Literatura xuvenil e para adultos en textos escolleitos dos máis interesantes escritores e escritoras.

Cómplice
Colección de relato fantástico e policial que xunta o máis interesante do xénero publicado en lingua galega.

Criterio
Ensaio sobre a obra e a biografía dos máis relevantes autores e títulos da nosa literatura.

Ensaio
Quer a literatura quer a lingua teñen nesta serie o seu tratamento específico, riguroso e ameno.

Escolmas
Unha nova colección de antoloxías poéticas dos grandes autores e autoras de Galicia.

Documenta
Textos de información sobre os máis interesantes temas de interese xeral.

Biografías Históricas
Nas que o biografiado é o fío conductor do periplo vital e histórico de toda unha época e actividade.

Etnografía
Cultura popular, tradicións, costumes... A Galicia tradicional nos seus estudios.

Mitos e Tradicións
Narracións chegadas a nós pola transmisión oral de ducias de xeneracións, recolleitas e fixadas para sérenlle contadas ás vindeiras.

Cociña
As mellores receitas dun dos grandes da gastronomía galega: Paco Feixó.

Textos Internacionais
Cadernos de enorme interese na análise e documentación dos puntos quentes do planeta, feitos, e realizados para pensar no mundo desde nós mesmos.

O Fardel
Un lugar de encontro entre diversas disciplinas que non deben quedar isoladas.

Fotografía
Libros en gran formato con fotografías de gran calidade sobre os aspectos máis relevantes do país.

 
 
 
 
 
– © Edicións do Cumio. Reservados todos os dereitos. –
   
DICCIONARIOS ENSINO LECTURAS CONTOS E XOGOS MULTIMEDIA GUÍAS CARTOGRAFÍA MÚSICA