Edicións do Cumio.Música.Os Nosos Gaiteiros
logo de Cumio edicións do Cumio

 Os nosos gaiteiros   c o l e c c i ó n


A GAITA DE SARANDÓN
REQUINTEIROS DA ULLA

A Gaita de Sarandón é o último grupo de requinteiros vetereranos en activo da comarca da Ulla. Este disco recolle un feixe de temas do repertorio do grupo protagonizado por este peculiar instrumento A REQUINTA.

CUMCD G21191 - P.V.P. 9,70 €



MANUEL VIQUEIRA
O GAITEIRO DE VILAVERDE

Manuel Viqueira é un gaiteiro xenuíno, dos últimos representantes do oficio puro, que conserva un dos estilos máis peculiares de Galicia.

CUMCD G21189 - P.V.P. 9,70 €



OS CAMPANEIROS
DE VILAGARCÍA DE AROUSA

Os Campaneiros de Vilagarcía de Arousa naceron artísticamente, no ano 1926. Dominaron a gaita, e mesmo a construción de foles e palletas, consideraban que os ensaios eran a base para tocar ben. Eles mesmos ensaiaban cando xa ían vellos, daí a súa coordinación, o que lles ía dar a nomeada de que non había quen os tumbara. Pero se, de entre todo o que lle deron á música tradicional de Galicia, tiveramos que escoller unha cousa, coido que teriamos que elixir a súa creatividade, pois foi o grupo que máis pezas orixinais achegou ao repertorio gaiteiril, destacando sobre todo as polcas, compostas con verdadeira orixinalidade.
O repertorio (ou reportaxe, como lles gustaba dicir a eles) que reflectimos neste traballo é, básicamente, o primeiro disco que editou a casa BELTER, de Barcelona, ao que lle engadimos tres pezas recompiladas en gravacions caseiras: polca, paupurrio e muiñeira. As tres son ben representativas do repertorio e do xeito de tocar do grupo e, aínda que non posúan a calidade de gravación que se pode conseguir cos trebellos dunha casa discográfica, a testemuña documental supera calquera carencia. Así tocaban e soaban Os Campaneiros nunha alborada, procesión ou romaría.

CUMCD G21171 - P.V.P. 9,70 €



DOCUMENTO

OS AREEIRAS DE CATOIRA
O LEGADO DOS AREEIRAS DE CATOIRA

Este grupo fundado en 1943 mantivo a súa actividade ata a década de 1980, con escasas variacións na súa formación. Cuarteto de valores singulares na denominada música popular das Rías Baixas, polo seu especial estilo interpretativo, vivo e brillante. Ofrecemos este documento de audio xa que eran escasas as referencias gravadas ata hoxe.

CUMCD G21175 - P.V.P. 9,70 €



DOCUMENTO

RAMÓN SUMAY
A ALMA DOS AREEIRAS DE CATOIRA

Ramón Sumay, despois de facer parella con Agustín Lorenzo, dos Brisas do Ulla, fundou en 1943 o grupo Os Areeiras de Catoira, xunto cos seus irmáns Tito e Agustín e con Alfonso Díez, O Zapateiro. Ata a década de 1980 mantívose activo este cuarteto. Neste disco ofrecemos gravacións inéditas do repertorio de Ramón Sumay como un documento de audio que fundamental para a historia da nosa música popular.

CUMCD G21173 - P.V.P. 9,70 €


CÉSAR FERNÁNDEZ
REPERTORIO DAS TERRAS DA FONSAGRADA. GAITA E TROMPA.

César Fernández interprétanos melodías con gaita e cun peculiar instrumento en vías de desaparición, a trompa ou birimbao. O CD inclúe un vídeo da gravación.

CUMCD G21143 - P.V.P. 9,70 €


JOSÉ MARENTES
REPERTORIO DAS TERRAS DA FONSAGRADA

Velaquí o último representante dun estilo interpretativo desaparecido baseado nunha complexa técnica de picado. Inclúe vídeo.

CUMCD G21145 - P.V.P. 9,70 €


A REQUINTA DE XIÁN
REPERTORIO DA REQUINTA DE CARCACÍA, DOS AIRIÑOS DA ULLA, DA GAITA DE VEDRA…

Co repertorio de históricos como "Os airiños da Ulla" ou "A requinta de Cacacía" a direción artística deste traballo vai da man da experiencia de Pablo Carpintero.

CUMCD G21135 - P.V.P. 9,70 €


OS ENCANTIÑOS DO UMIA

Estes músicos veñen sendo un dos últimos gaiteiros vellos en activo nas terras do Salnés. Gaiteiros das Rías Baixas, denominación de orixe.

CUMCD G21139 - P.V.P. 9,70 €


NOITAREGA
REPERTORIO DOS SOUTELOS, CRUCEIROS,
MORENOS E HENRIQUE OTERO

Noitarega amósanos o repertorio de grupos de gaiteiros con moita sona en Galicia: “Os Morenos” de Lavadores, “Os Cruceiros” de Vigo, “Os Gaiteiros de Soutelo” e o mestre Enrique Otero Covelo, de Vigo.

CUMCD G21091 - P.V.P. 9,70 €


PABLO CARPINTERO
GAITAS VELLAS

Gaiteiro recompilador de melodías e gaitas antigas. Ofrécenos o son e o gusto dos gaiteiros doutros tempos.

CUMCD G21103 - P.V.P. 9,70 €


OS ALEGRES
REPERTORIO DE ALEJO ABOAL

CUMCD G21061 - P.V.P. 9,70 €


OS TERRIBLES DE AROUSA
REPERTORIO DOS CAMPANEIROS

CUMCD G21073 - P.V.P. 9,70 €

OUTROS CDs: No toldo de S. Cibrán, No ramo de Herbón


as coleccións de música
     
 

Os Nosos Gaiteiros
En colaboración coa Asociación Galega de Gaiteiros esta serie publica traballos monográficos dos máis destacados gaiteiros do pasado e do presente da nosa música máis propia.

Tradicional Galega
O noso folclore e as súas diversas maneiras de interpretalo teñen nesta serie o seu cerne máis relevante.

Folk
Aquelas formacións que integran na nosa música popular e tradicional outras formas, outros sons, en procesos de fusión teñen nesta serie o seu lugar de encontro.

Corais e Bandas
Porque sen estas dúas maneiras de entender a música e a harmonía non é posible comprender a tradición musical dun país como o noso.

Cantautores
Esa especial sensibilidade artística de quen se enfronta coa canción sen arroupes nin apoios externos.

Rock
As bandas de maior relevo no panorama do rock que se ven facendo no noso país, nas súas diferentes extraccións e manifestacións.

Outras Músicas
Outro lugar para a convivencia de sensibilidades ben diferentes, desde a música clásica e os tangos ó máis popular.

Humor e Música
Velaí a tradición popular, os chistes, e músicas dos que gustan da esmorga a uns prezos máis que populares.

 
 
 
 
 
– © Edicións do Cumio. Reservados todos os dereitos. –
   
DICCIONARIOS ENSINO LECTURAS CONTOS E XOGOS MULTIMEDIA GUÍAS CARTOGRAFÍA MÚSICA