Edicións do Cumio.Música.Folk
logo de Cumio edicións do Cumio

 Folk   c o l e c c i ó n

Ávrego
IVÁN COSTA

O gaiteiro moañés Iván Costa ofrécenos en solitario a súa impronta artística e interpretativa nunha obra onde conxuga 7 recompilacións con outras 7 composicións, onde instrumentos como a zanfona e a gaita, ou mesmo as percusións   coma o charrasco, o pandeiro, o tamboril e o bombo son tanxidos exclusivamente por el.

CUMCD 51179 - P.V.P. 13,90 €


 

OUTROS TRABALLOS

Ruído Branco
LIORNA

Neste segundo traballo de LIORNA as esencias tradicionais desenvólvense entre acenos pop e brillos clásicos, que conforman un son propio e característico e revelan unha vez máis a sincera expresión dos seus membros e as distintas procedencias artísticas. É destacable a selección de temas nos que dominan as creacións vocais (9) sobre as puramente instrumentais (5), nunha clara e patente necesidade de transmitir conceptos e ideas, o que obriga tamén a e reconsiderar o feito compositivo, pois a voz convértese nun dos instrumentos máis presentes.

CUMCD 51159 - P.V.P. 13,90 €


De Pano Sedán
VARIOS

Magoia Bodega, Ernesto Campos, Pablo Carpintero, Xaime Estévez, Juanjo Fernández, Xosé Manuel Fernández, Pablo López Torneiro, Xosé Luís Miguélez, Manoel Muxico, Anxo Pintos, PePe Romero e Susana Seivane. Unha excelente recompilación de composicións e interpretacións de parte dos mellores gaiteiros e gaiteiras de Galicia.

CUMCD 41149 - P.V.P. 13,90 €
VER LIBRO MULTIMEDIA


OUTROS TRABALLOS

Visita as páxinas de Treixadura

Unha noite non é nada
TREIXADURA

“Unha Noite non é Nada" completa a serie sobre a copla popular iniciada na anterior gravación. No tocante ao repertorio do disco, este ofrece música popular galega recollida dos máis variados ámbitos musicais: cantigas tradicionais, gaiteiros solistas, corais, etc. O inconfundible estilo do grupo déixase notar neste traballo que achega, de novo, frescura, orixinalidade e paixón a través da súa particular forma de ver a música galega.

CUMCD 51137 - P.V.P. 13,90 €


Visita as páxinas de Malvela

Que o pano non me namora
MALVELA

Da man de Uxía Senlle xorde este agrupación de Mulleres rurais de Mos. Folclore raiano, como o Malhao, ou galego: foliadas, muiñeiras, cantos de sacha, de arrieiro e camiño. Un CD con coidados arranxos, moita frescura e gañas de transmitir ledicia.

CUMCD 21133 - P.V.P. 9,70 €


Liorna
LIORNA

A música folk ten en Liorna unha novidosa visión contemporaneizada polas influencias do pop, o jazz e a música clásica.

CUMCD 51109 - P.V.P. 13,90 €


A chave do cerne
ANAMOURA

A peculiaridade instrumental deste trio é sorprendente, pois só cunha guitarra, unha zanfona, a percusión e a voz, consiguen que percibamo-la esencia da música galega.

CUMCD 51099 - P.V.P. 13,90 €


Que ben bailan as gamelas
TARAMELA - ARROÁS

CUMCD 21033 - P.V.P. 6,00 €
CUMMC 21034 - P.V.P. 2,80 €


Para brincar no rueiro
ARDENTÍA - BELADONA - CREMA DE GAITA

CUMCD 21035 - P.V.P. 6,00 €
CUMMC 21036 - P.V.P. 2,80 €


O son da sega
SERVANDO - RETRINCOS

CUMCD 21041 - P.V.P. 6,00 €
CUMMC 21042 - P.V.P. 2,80 €


LUADA
LUADA

CUMCD 21045 - P.V.P. 6,00 €
CUMMC 21046 - P.V.P. 2,80 €


Sui generis
ANCORADOIRO

CUMCD 81057 - P.V.P. 16,00 €


A roupa do mariñeiro
CANTADEIRAS DO BERBÉS

CUMCD 21059 - P.V.P. 9,70 €
CUMMC 21060 - P.V.P. 6,00 €


Agora cantámolas nós
CANTADEIRAS DO BERBÉS

CUMCD 31071 - P.V.P. 9,70 €
CUMMC 31072 - P.V.P. 6,00 €


Ala, que vai!
CARUNCHOS

CUMCD 41067 - P.V.P. 9,70 €


OUTROS TRABALLOS

Visita as páxinas de Treixadura

Unha noite no muíño
TREIXADURA

“Unha Noite No Muíño”, segundo traballo do grupo, e primeiro en Edicións do Cumio, constitúe un paso adiante na estética musical de TREIXADURA. A incorporación do acordeón e a maior presencia da voz no disco son dous elementos fundamentais para entender o novo son do grupo, co que se recrean os ritmos máis populares da nosa música.

CUMCD 51085 - P.V.P. 13,90 €


Retellando
ARDENTÍA

CUMCD 31129 - P.V.P. 13,90 €


Ardentía
ARDENTÍA

CUMCD 41081 - P.V.P. 9,70 €


Doce polainas enteiras
VARIOS

CUMCD 41083 - P.V.P. 13,90 €

VER LIBRO MULTIMEDIA

as coleccións de música
     
 

Os Nosos Gaiteiros
En colaboración coa Asociación Galega de Gaiteiros esta serie publica traballos monográficos dos máis destacados gaiteiros do pasado e do presente da nosa música máis propia.

Tradicional Galega
O noso folclore e as súas diversas maneiras de interpretalo teñen nesta serie o seu cerne máis relevante.

Folk
Aquelas formacións que integran na nosa música popular e tradicional outras formas, outros sons, en procesos de fusión teñen nesta serie o seu lugar de encontro.

Corais e Bandas
Porque sen estas dúas maneiras de entender a música e a harmonía non é posible comprender a tradición musical dun país como o noso.

Cantautores
Esa especial sensibilidade artística de quen se enfronta coa canción sen arroupes nin apoios externos.

Rock
As bandas de maior relevo no panorama do rock que se ven facendo no noso país, nas súas diferentes extraccións e manifestacións.

Outras Músicas
Outro lugar para a convivencia de sensibilidades ben diferentes, desde a música clásica e os tangos ó máis popular.

Humor e Música
Velaí a tradición popular, os chistes, e músicas dos que gustan da esmorga a uns prezos máis que populares.

 
 
 
 
 
– © Edicións do Cumio. Reservados todos os dereitos. –
   
DICCIONARIOS ENSINO LECTURAS CONTOS E XOGOS MULTIMEDIA GUÍAS CARTOGRAFÍA MÚSICA